Idioma |

Novas

Nesta sección reunimos as últimas novas, proxectos, campañas, actividades e recursos relacionados coa protección da infancia en Galicia.
niños y niñas viendo un anuncio

Publicidade de alimentos pouco saudables: un risco que segue sen regular

Reclámase unha regulación eficaz que prohiba a publicidade de alimentos pouco saudables dirixida á infancia e adolescencia, ante os seus efectos negativos na saúde e nos hábitos de consumo.

A POIG acolle en Santiago o encontro “Tejiendo Red” das Plataformas de Infancia Autonómicas

A POIG acolleu en Santiago de Compostela o encontro “Tejiendo Red”, reunindo plataformas territoriais de infancia para fortalecer o traballo en rede e compartir propostas en defensa dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes.

Medrar en familia é un dereito. Acollemento familiar en Galicia

No Día Internacional do Acollemento Familiar, lembramos que medrar en familia é un dereito. En Galicia, moitos nenos, nenas e adolescentes agardan por un fogar que lles ofreza agarimo, estabilidade e coidado. Coñece os programas de acollemento existentes e valora formar parte desta rede que transforma vidas.

Son, eres, somos e temos dereitos, comeza o novo proceso participativo para o Día da Infancia 2025

A POIG súmase un ano máis ao proceso participativo do Día da Infancia. Xa está aberta a inscrición para que grupos de nenos, nenas e adolescentes poidan opinar sobre os seus dereitos e facer propostas.

XV Congreso Nacional de Atención Temperá: Atención temperá e crianza en A Coruña

A cidade da Coruña acollerá os vindeiros 20 e 21 de xuño de 2025 o XV Congreso Nacional de Atención Temperá, un punto de encontro anual para profesionais e persoas interesadas na intervención precoz na primeira infancia.

Ano do Pobo Xitano en España: 600 anos de historia, cultura e loita por igualdade

O Goberno declara 2025 como o ano do Pobo Xitano en España. Recoñécese a súa historia e contribución, e reforzase o compromiso contra o antigitanismo e a favor da igualdade.

O X Solidario segue a transformar vidas: os fondos recadados no 2024 e o seu impacto en Galicia

No 2024, os fondos recadados a través do X Solidario contribuíron ao desenvolvemento de programas fundamentais en ámbitos como a inclusión sociolaboral, a promoción da autonomía persoal, o envellecemento activo e a prevención da dependencia.

A carga excesiva de tarefas e a crecente complexidade nas aulas poñen en perigo á docencia

O malestar docente é unha realidade crecente que afecta á saúde mental e á calidade educativa. Exploramos os factores que o provocan e as claves para promover o benestar nas escolas.

A voz da infancia e adolescencia no 8 de marzo

O feminismo tamén é cousa da infancia e adolescencia! No 8M, damos voz ás súas ideas e reivindicacións. Escoitámolas? 💜

Asemblea Xeral da POIG: novas incorporacións e obxectivos para o 2025

O 25 de febreiro celebramos a primeira Asemblea Xeral da POIG do 2025, un encontro no que aprobamos documentos estratéxicos e demos a benvida a dúas novas entidades.

Formacións sobre o bo trato e espazos seguros para o persoal técnico do sistema de protección

🔹 Aberta a inscrición! 🔹 Se traballas con infancia e adolescencia no sistema de protección, participa nas formacións sobre a LOPIVI e creación de espazos seguros e libres de violencia. 📍 Santiago, Coruña, Ourense, Vigo e Lugo.