Idioma |

Participación Infantil

A participación infantil e adolescente é un dereito. Nenas, nenos e adolescentes teñen dereito a expresar a súa opinión, a ser escoitados e a que as súas achegas sexan tidas en conta nas decisións que afectan ás súas vidas. Desde a POIG impulsamos espazos e procesos participativos para que a súa voz estea presente no traballo das entidades, nas propostas da Plataforma e na incidencia social e política en Galicia.

Un espazo para impulsar a participación

Promovemos procesos, encontros e dinámicas participativas nos que a infancia e a adolescencia poden tomar a palabra, reflexionar sobre os temas que lles afectan e formular propostas propias.

A participación non se limita a consultar: implica xerar condicións para que as súas voces sexan tidas en conta no traballo das entidades, nas accións da Plataforma e nos espazos de incidencia.

Un grupo para escoitar á infancia e adolescencia

Redeir@s é o grupo de participación infantil e adolescente da POIG. Un espazo de encontro no que nenos, nenas e adolescentes poden compartir opinións, traballar os seus dereitos e facer chegar as súas propostas.

A través de encontros, actividades e procesos participativos, Redeir@s contribúe a incorporar a voz da infancia e da adolescencia no traballo da Plataforma.

Achegas dos procesos participativos

As opinións, preocupacións e propostas recollidas nos procesos participativos axúdannos a coñecer mellor a realidade da infancia e da adolescencia en Galicia     e a orientar o traballo da Plataforma

O que escoitamos

Queremos clases máis participativas e inclusivas onde todas as persoas poidan aprender
Queremos medrar nunha familia que nos coide e nos escoite

Temas que se repiten

participación
igualdade
convivencia
saúde mental
bo trato
educación

Como se transforman

escoita
→
propostas
→
incidencia
Ninguén debería ser tratado diferente por ser quen é, porque todas as persoas merecemos o mesmo respecto

— Infancia e adolescencia participante de Redeir@s

Coñece as propostas
↗
Explora as ideas e propostas recollidas nos procesos participativos.