A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia impulsa #InfanciaPrioridade para situar os dereitos e as necesidades da infancia e da adolescencia no centro das políticas públicas galegas.
CONSULTA O MANIFESTOAs 52 entidades da POIG unimos as nosas reivindicacións nun manifesto colectivo que esixe recursos, compromisos concretos e medidas para facer fronte ás desigualdades que afectan á infancia e á adolescencia en Galicia.
Nenas, nenos e adolescentes en risco de pobreza ou exclusión social en Galicia.
19,3 % da poboación infantil e adolescenteO manifesto recolle sete ámbitos de actuación e propostas concretas para avanzar na garantía dos dereitos da infancia e da adolescencia.
Lei Galega de Infancia e Adolescencia, datos públicos e gobernanza.
Renda, vivenda pública e apoio ás familias.
Prevención da violencia e protección na era dixital.
Preservación familiar, acollemento e atención individualizada.
Prevención, detección temperá e atención accesible.
Inclusión, apoios e igualdade de oportunidades.
Escoitar, incorporar propostas e render contas.
O manifesto demanda ás administracións públicas actuacións concretas, financiamento suficiente, responsabilidades definidas e seguimento dos resultados.
Consulta o manifesto completo coas sete reivindicacións e as propostas das entidades da POIG.
DESCARGAR O MANIFESTO (PDF)