Portada » A Plataforma » Estrutura
A POIG funciona como unha rede de entidades sociais que traballan de maneira coordinada para defender os dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia.
A súa organización combina espazos de decisión, representación, coordinación técnica, traballo compartido e participación infantil e adolescente.
É o órgano soberano da POIG e, xunto coa Xunta Directiva, marca as liñas estratéxicas da Plataforma.
Está composta por todas as organizacións socias e os membros da Xunta Directiva. As súas decisións son de obrigado cumprimento para todos os membros.
As súas funcións principais son:
A Xunta Directiva é o órgano encargado de xestionar e representar á POIG.
Está formada por representantes das entidades membro, que asumen esta responsabilidade de forma voluntaria.
As súas funcións principais son:
Presidencia
Fundación Educo
Vicepresidencia
Fundación Dignidade
Secretaría Xeral
Asociación Arela
Tesourería
Federación Don Bosco
Vogalía
CDR Portas Abertas
Vogalía
Asociación ASEIA
Vogalía
Asociación Igaxes
Constitúe o órgano de execución das decisións da Xunta Directiva. Entre outras funcións e tarefas, a Secretaría Técnica encárgase de:

Responsable da Secretaría Técnica

Técnica de participación infantil e comunicación

Técnica de incidencia política e administración

Técnica de incidencia social e comunicación
A POIG está integrada por 52 entidades que comparten un compromiso firme pola defensa dos Dereitos da Infancia.
As organizacións membro poden representar á Plataforma en distintos espazos e participan activamente nos grupos de traballo. Ademais, contribúen ao desenvolvemento de proxectos, campañas de sensibilización e accións de incidencia política para mellorar o benestar da infancia e adolescencia en Galicia.
As entidades membro poden unirse libremente a diferentes Grupos de Traballo para colaborar en áreas específicas.
Espazo de coordinación arredor da protección da infancia e a adolescencia, con atención ás situacións de vulnerabilidade e á defensa dos seus dereitos
Espazo de traballo orientado a analizar a realidade educativa da infancia e da adolescencia e a construír propostas desde un enfoque de dereitos, equidade, inclusión, bo trato e participación
Espazo centrado na promoción da participación de nenos, nenas e adolescentes nos procesos e decisións que lles afectan
O financiamento da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia basease nun sistema de aportación de cotas das entidades membro. As modificacións das cotas deberán ser aprobadas polas entidades membro de pleno dereito na primeira asemblea xeral anual da POIG.
Adicionalmente a POIG asina anualmente un convenio coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o apoio ás actividades que realiza.
A plataforma conta con financiamento para os seus programas sobre participación infantil e adolescente mediante as subvencións da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a la asignación tributaria do 0,7% do IRPF.
A POIG tamén participa en espazos de coordinación a nivel estatal dentro da Plataforma de Infancia
Espazo para coordinar e intercambiar información entre as plataformas territoriais de infancia e a propia Plataforma de Infancia
Espazo que se adoita reunir trimestralmente para que os representantes das entidades da POI valoren e debatan as principais accións estratéxicas da entidade