Idioma |

Defendemos os dereitos da infancia e adolescencia en Galicia

Somos unha rede de entidades sociais que traballa para que cada nena, neno e adolescente vexa cumpridos os seus dereitos.

Entidades membro

Organizacións sociais unidas pola defensa dos dereitos da infancia

Actuación territorial

Nas catro provincias galegas con presenza, coordinación e impacto social

Rede galega

Un espazo común de colaboración, análise e incidencia política e social

Incidencia política

Propostas para situar a os dereitos da infancia no centro das políticas públicas.

Participación infantil

A voz de nenas, nenos e adolescentes no centro das decisións que lles afectan

Que facemos?

Traballamos para defender, protexer e promover os dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia, coordinando ás entidades membro e impulsando accións de incidencia política e social, participación infantil e adolescente, sensibilización e traballo en rede

Incidencia política

Trasladamos propostas, demandas e análises ás administracións públicas para contribuír á mellora das políticas de infancia e adolescencia en Galicia.

Participación infantil e adolescente

Promovemos espazos nos que nenas, nenos e adolescentes poidan expresar a súa opinión, facer propostas e participar nas cuestións que lles afectan.

Protección e bo trato

Traballamos para avanzar cara contornas seguras, protectoras e libres de violencia, poñendo no centro o bo trato e os dereitos da infancia.

Sensibilización

Impulsamos accións formativas, materiais e campañas para achegar os dereitos da infancia á sociedade, ás entidades e ás persoas profesionais.

Coñecemento e recursos

Elaboramos informes, guías e materiais de apoio para mellorar a comprensión da realidade da infancia e da adolescencia en Galicia.

Traballo en rede

Impulsamos espazos de coordinación, encontro e colaboración entre as entidades membro para compartir coñecemento, detectar necesidades e construír propostas conxuntas en defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia.

Actualidade da Plataforma

Consulta as últimas novas, actividades, campañas e posicionamentos da POIG e das entidades membro

A pobreza e a exclusión social infantil aumentan en Galicia mentres se reducen no conxunto de España

A taxa AROPE infantil sitúase no 19,3 % en Galicia, 3,3 puntos máis que o ano anterior. Un total de 68.000 nenos, nenas e adolescentes viven en risco de pobreza ou exclusión social, segundo os novos datos da Enquisa de Condicións de Vida.

Organizacións de infancia e dereitos humanos reclaman ás comunidades autónomas a activación urxente dos traslados de NNA desde Ceuta

Entidades de infancia e dereitos humanos piden activar de inmediato os traslados de nenas, nenos e adolescentes desde Ceuta aos sistemas de protección autonómicos.

A Plataforma recoñece o legado de Isabel García Vázquez na defensa da infancia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia lamenta o falecemento de Isabel García Vázquez e recoñece a súa traxectoria e compromiso coa defensa dos dereitos da infancia e coa mellora do sistema de protección.

Redeir@s: os dereitos da infancia en rede

Redeir@s é o espazo de participación infantil e adolescente da POIG. Nel, nenas, nenos e adolescentes galegos das entidades membro comparten ideas, propoñen iniciativas e contribúen a transformar a realidade desde a súa propia voz.

Porque escoitar á infancia é o primeiro paso para garantir os seus dereitos.

Entidades membro

Unha rede de organizacións que traballan polos dereitos da infancia e adolescencia en Galicia