Voluntariado

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) está buscando persoas comprometidas e apaixonadas que desexen formar parte do noso programa de voluntariado.

O obxectivo principal é promover os dereitos da infancia e adolescencia en Galicia, ofrecendo oportunidades de participación activa e empoderamento para a infancia e xuventude da nosa comunidade, e para iso precisamos a vosa axuda!

Por que?

Trátase dun proxecto innovador centrado no traballo con nenas, nenos e adolescentes, baseado en accións que promoven os seus dereitos a través da participación activa.

A participación infantil e adolescente é un concepto recente, polo que este programa busca crear un espazo específico para traballar este tipo de iniciativas. O obxectivo principal é garantir que as persoas máis novas se sintan acompañadas en todo momento polo persoal voluntario, fomentando un ambiente de apoio e confianza.

Criterios para a selección do persoal voluntario

Ser maior de idade
Entrega do certificado de non ter antecedentes penais ou sexuais
Coñecemento ou experiencia no traballo coa infancia
Experiencia en campañas de comunicación social
Asinar o acordo de incorporación como persoa voluntaria

Como podes participar?

O programa de voluntariado está deseñado para proporcionar unha experiencia enriquecedora tanto para os voluntarios e voluntarias como para os rapaces e rapazas cos que traballamos.

Se queres facer voluntariado na POIG temos diferentes equipos de traballo nos que te poderías integrar dirixidos a:

Promocionar o ámbito do voluntariado sobre os dereitos da infancia e adolescencia
Fomentar a participación do voluntariado no traballo en dereitos da infancia e adolescencia
Promover a difusión dos dereitos dos nenos, nenas e adolescentes mediante accións de sensibilización

Inscríbete!

Se te animas a participar, déixanos os teus datos e poñerémonos en contacto contigo. E se tes calquera dúbida, contacta connosco en voluntariado@infanciagalicia.org