Portada » Traballo en Rede
Desde o traballo conxunto das 52 entidades membro protexemos, promovemos e defendemos os dereitos da infancia e adolescencia galega conforme a Convención sobre os Dereitos da Infancia das Nacións Unidas
A POIG participa en espazos de diálogo, coordinación e incidencia para trasladar a realidade da infancia e da adolescencia galega.
A través da relación coas administracións públicas, entidades membro e con outras plataformas do ámbito da infancia, contribuímos a facer visibles as necesidades detectadas polas organizacións sociais e a construír propostas comúns para mellorar as políticas públicas.
Facilitamos o diálogo e a colaboración entre organizacións que traballan por, para e coa infancia e adolescencia en Galicia, promovendo unha visión compartida e unha acción máis coordinada.
A POIG tamén participa en espazos de coordinación a nivel estatal dentro da Plataforma de Infancia
Espazo para coordinar e intercambiar información entre as plataformas territoriais de infancia e a propia Plataforma de Infancia
Espazo que se adoita reunir trimestralmente para que os representantes das entidades da POI valoren e debatan as principais accións estratéxicas da entidade