A publicidade de alimentos e bebidas pouco saudables continúa chegando de forma masiva a nenos, nenas e adolescentes en España. Máis do 80 % dos anuncios que ven están relacionados con produtos con escaso valor nutricional, o que afecta directamente aos seus hábitos de consumo e á súa saúde.
A pesar da evidencia científica, este tipo de publicidade segue regulada por un código voluntario que, segundo a Plataforma de Infancia, resulta ineficaz. Por iso, desde a rede estatal lanzan un novo chamamento para que se prohiba esta publicidade e se aprobe unha normativa obrigatoria que garanta unha protección real para a infancia.
A publicidade ten máis impacto nos fogares con menos ingresos
A situación é especialmente grave en contornos empobrecidos. Por exemplo, o consumo de refrescos azucrados multiplícase por oito nos fogares con menos recursos. Ademais, a obesidade infantil afecta un 23,7 % dos nenos e nenas nestes contextos, fronte ao 10,5 % nas familias con maiores ingresos.
A Plataforma de Infancia alerta de que esta exposición publicitaria prexudica especialmente á infancia máis vulnerable, polo que pide medidas urxentes que poñan fin a esta desigualdade.
A infancia tamén opina
No marco da estratexia “A Infancia Opina”, a Plataforma recolleu propostas de nenos, nenas e adolescentes de entre 4 e 17 anos. As súas ideas inclúen mellorar o etiquetado dos produtos, organizar actividades educativas nos centros escolares e facer máis estritas as normas de publicidade.
Tamén sinalan os recursos publicitarios que máis lles atraen: música pegadiza, cores brillantes ou a aparición de futbolistas. Por iso, calquera regulación eficaz debe ter en conta as técnicas de persuasión e todos os formatos, incluídos os dixitais.
Entre as medidas concretas que se reclaman, destacan:
Prohibir a publicidade de alimentos pouco saudables ata os 18 anos
Substituír o código voluntario por unha norma obrigatoria
Crear un réxime sancionador efectivo
Estender a definición legal de publicidade para incluír todas as técnicas de márketing
Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia sumámonos a esta demanda. Consideramos que garantir contornos saudables e libres de presións comerciais é clave para protexer o benestar físico e emocional da infancia.
Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies
Configurar cookies
Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.
Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.
Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.
Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.