Entidades membro

A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego

A transformación dixital non chega do mesmo xeito a todos os lugares. No rural galego, a infancia e adolescencia pode atopar máis dificultades para acceder á educación en liña, aos recursos formativos, ao lecer dixital ou a servizos básicos pola falta de conectividade de calidade.

Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional?

No Congreso sobre os Dereitos da Infancia celebrado en Santiago de Compostela o pasado 12 de xuño, conversamos con Ricardo Fandiño e Pepa Horno sobre saúde mental, prevención, vínculos seguros e a importancia de situar a infancia no centro.

A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes

Galicia presenta mellores indicadores ca outras comunidades no que respecta á pobreza infantil, pero os datos seguen amosando unha realidade que non podemos ignorar. Arredor de 48.000 nenos, nenas e adolescentes viven en situación de pobreza e preto de 17.000 sofren carencia material severa.

A POIG reclama reforzar as políticas públicas de infancia ante os principais retos sociais en Galicia

A POIG celebra o I Congreso Autonómico Os dereitos da infancia en Galicia, unha xornada de análise, diálogo e propostas sobre os principais retos da infancia e adolescencia no territorio galego.

Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia celebrou o I Congreso Autonómico Os dereitos da infancia en Galicia: avances, retos e propostas, unha xornada de análise e diálogo arredor dos principais desafíos da infancia e adolescencia galega. No marco do encontro presentouse o informe Os dereitos da infancia en Galicia, que recolle datos, retos e propostas en ámbitos como protección, pobreza infantil, saúde mental, violencia, educación e participación.

Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026

Aberto o prazo para participar no Día da Infancia 2026 baixo o lema #DereitosÁAcción. Participarán nenos, nenas e adolescentes de 6 a 17 anos.