Idioma |

Novas

Nesta sección reunimos as últimas novas, proxectos, campañas, actividades e recursos relacionados coa protección da infancia en Galicia.

Nenas, nenos e adolescentes galegos toma a palabra no Día dos Dereitos da Infancia

A POIG conmemorou en Pontevedra o Día dos Dereitos da Infancia cun acto que destacou a importancia das políticas de protección, participación e benestar infantil en Galicia.

25 anos dos Centros de Intervención Educativa en Medio Aberto (CIEMAS): acompañamento e boas prácticas en Galicia

Celebramos o 25 aniversario dos CIEMAS e o traballo de Fundación Camiña Social, Arela, Fundación Educativa Dignidade e Centro Trama.

Acto central polo Día da Infancia baixo o lema «Son, es, somos e temos dereitos»

O 19 de novembro celebramos en Pontevedra o acto central polo Día da Infancia baixo o lema “Son, es, somos e temos dereitos”. Centros educativos e entidades de Galicia presentarán as súas propostas sobre identidade cultural, intimidade, saúde mental e asociacionismo.

A POIG comparte os seus informes co PSDG-PSOE e o BNG e impulsa un espazo de diálogo pola infancia en Galicia

A POIG mantivo nos últimos días xuntanzas de presentación co PSDG-PSOE e co BNG para trasladarlles tres informes clave elaborados este ano e explicar as principais demandas da infancia e da adolescencia en Galicia, abrindo un espazo de diálogo político arredor das súas necesidades.

Buscamos Técnico/a de Comunicación – Programas de Cooperación 2025

A POIG abre un proceso selectivo para un posto de técnico/a de comunicación ao 75% da xornada, dentro dos Programas de Cooperación da Xunta. Envío de candidaturas ata o 16 de novembro.

Asemblea Xeral da POIG: seguimos medrando e avanzando en rede polos dereitos da infancia

A Plataforma celebrou a súa Asemblea Xeral, un encontro para seguir reforzando o traballo en rede e avanzar na defensa dos dereitos da infancia e adolescencia en Galicia.

58.000 nenos, nenas e adolescentes galegos seguen en risco de pobreza ou exclusión social, malia a mellora dos datos en Galicia

En Galicia, máis de 58.000 nenos, nenas e adolescentes viven en risco de pobreza. A Plataforma de Infancia alerta de que a infancia segue sendo o grupo máis vulnerable e reclama medidas urxentes de apoio.

Presentación do Informe de Análise da Enquisa de Condicións de Vida con Enfoque de Infancia en Galicia

Presentaremos en liña os resultados do novo informe que analiza a situación da infancia en Galicia. Non perdas esta oportunidade de coñecer máis sobre a realidade da infancia na nosa comunidade.

Talleres participativos “Coñecer para protexer”: creando espazos seguros coa infancia e adolescencia

Os talleres “Coñecer para protexer” da POIG percorren Galicia para traballar con nenos, nenas e adolescentes sobre a LOPIVI, os seus dereitos, a prevención da violencia e a creación de espazos seguros.

Seminario web: medidas urxentes para apoiar ás familias monoparentais en Galicia

A POIG e EAPN Galicia presentan o informe «Propostas de medidas urxentes de apoio ás familias monoparentais» nun seminario web o 18 de setembro. O encontro busca visibilizar a grave situación de pobreza destas familias en Galicia e impulsar políticas públicas que garantan a súa protección.

O Goberno amplía o permiso de nacemento e coidado das crianzas e recoñece 32 semanas para familias monoparentais

O Goberno vén de aprobar unha ampliación do permiso por coidado da crianza, que pasa de 16 a 32 semanas nas familias monoparentais. Un paso cara á igualdade e ao recoñecemento da diversidade familiar.

Non son ‘MENAS’: Son nenos, nenas e adolescentes e teñen dereitos

A POIG publica un documento de posicionamento no que reclama unha acollida digna, solidaria e sostible para os nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados, así como medidas urxentes para garantir os seus dereitos en Galicia.