POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Canle ética
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Igualdade
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Canle ética
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Igualdade
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S
Novas

A aplicación da LOPIVI segue sendo un reto catro anos despois da súa aprobación

19 diciembre, 2025
By POIG
0 Comment
368 Views

Catro anos despois da aprobación da Lei Orgánica de protección integral á infancia e á adolescencia fronte á violencia (LOPIVI), a súa implantación continúa sendo desigual e insuficiente. Así o pon de manifesto o segundo informe de seguimento elaborado pola Plataforma de Infancia a nivel estatal, que sinala avances relevantes, pero tamén importantes carencias no seu desenvolvemento efectivo.

A LOPIVI supuxo un paso histórico no recoñecemento dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes fronte a todas as formas de violencia. Porén, a experiencia destes anos amosa que a aprobación dunha lei non garante por si soa a súa aplicación real. O informe alerta da necesidade dunha maior coordinación entre a Administración xeral do Estado e as comunidades autónomas, así como da definición de criterios comúns que permitan garantir os dereitos da infancia con independencia do territorio no que vivan.

Un dos aspectos máis preocupantes que recolle o informe é o descoñecemento xeneralizado da LOPIVI entre nenos, nenas e adolescentes. Moitas persoas menores de idade non saben identificar situacións de violencia nin coñecen os mecanismos existentes para pedir axuda, o que evidencia a urxencia de reforzar as accións de información, sensibilización e formación, así como de contar con protocolos claros e figuras de protección visibles e accesibles nos distintos ámbitos da súa vida cotiá.

No ámbito estatal, o informe sinala que, malia algúns avances normativos, seguen faltando ferramentas clave para garantir a eficacia da lei. Entre elas, destacan os rexistros previstos na propia LOPIVI, fundamentais para dispoñer de datos fiables que permitan dimensionar a violencia contra a infancia e orientar adecuadamente as políticas públicas.

Os recentes cambios normativos en materia de xustiza supoñen tamén un avance limitado. A creación de seccións especializadas en violencia contra a infancia e adolescencia só se produciu en tres comunidades autónomas, o que deixa fóra á maior parte do territorio. Ademais, a posibilidade de que determinados casos de violencia sexual contra nenas e adolescentes sexan derivados a seccións non especializadas en infancia pon de relevo a falta dunha integración plena da perspectiva de dereitos da infancia no sistema xudicial.

A nivel autonómico, o informe amosa unha gran diversidade no ritmo de desenvolvemento da LOPIVI, con especial preocupación pola situación dos centros de protección, onde a vulnerabilidade da infancia tutelada require medidas reforzadas. A existencia de protocolos específicos para previr todas as formas de violencia segue sendo excepcional, e a figura de referente de protección, prevista nas estratexias estatais, aínda non se ten implantado de forma efectiva.

Esta desigualdade tamén se reproduce noutros ámbitos clave como o educativo, o deporte, o ocio e o tempo libre. Mentres que algúns sectores contan con maior desenvolvemento normativo, noutros a aplicación das medidas de protección é aínda incipiente e as figuras de coordinación e benestar presentan importantes carencias.

Desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) compartimos a preocupación expresada pola Plataforma de Infancia e reiteramos a necesidade de avanzar cara a unha aplicación real, coordinada e garantista da LOPIVI. Continuamos a traballar no ámbito autonómico a través de accións de incidencia política, formación e sensibilización, co obxectivo de contribuír a que os dereitos de nenos, nenas e adolescentes fronte á violencia sexan unha realidade.

Consulta o informe completo aquí.


Previous Story
Actos descentralizados polo Día da Infancia en Galicia, construíndo espazos para infancia e adolescencia
Next Story
Cara unha contorna dixital segura: directrices europeas para protexer a nenos, nenas e adolescentes

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia viernes, 12, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026 martes, 12, May
  • A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, premiada nos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais pola iniciativa Redeir@s lunes, 27, Abr
  • A pobreza redúcese en España, pero non chega á infancia máis vulnerable lunes, 13, Abr
  • Mantense estable o impulso social da poboación galega marcando o X solidario con máis recadación para proxectos sociais martes, 7, Abr

Comentarios recientes



    Dirección: Manuel María, 6 – SALGUEIRIÑOS – 15705 – Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: secretariatecnica@infanciagalicia.org

    Colabora

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

    Aviso de cookies
    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    viernes, 12, Jun
    Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia
    martes, 12, May
    Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026
    lunes, 27, Abr
    A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, premiada nos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais pola iniciativa Redeir@s
    lunes, 13, Abr
    A pobreza redúcese en España, pero non chega á infancia máis vulnerable
    martes, 7, Abr
    Mantense estable o impulso social da poboación galega marcando o X solidario con máis recadación para proxectos sociais
    viernes, 27, Mar
    Patronal e sindicatos do sector de protección e reforma da infancia asinan un acordo histórico pola igualdade salarial

    Welcome back,