Declaración institucional do Parlamento de Galicia polo Día mundial da Infancia 2025

Declaración institucional do Parlamento de Galicia polo Día da Infancia 2025, con compromisos sobre pobreza infantil, protección, saúde mental e participación da infancia.

Trinta e seis anos despois da aprobación da Convención sobre os Dereitos do Neno, a infancia e a adolescencia fan fronte a múltiples retos. Como institucións representativas, reafirmamos o noso compromiso cos seus dereitos, tanto en Galicia como no mundo.

  • – En Galicia, o risco de pobreza infantil e de exclusión social ten a taxa máis baixa de toda EspañaAínda así existen nenos e nenas que seguen en risco, especialmente en familias migrantes e monoparentais. Comprometémonos a investir máis e mellor na infancia, aplicar o Plan Nacional da Garantía Infantil Europea e impulsar medidas cara a unha prestación universal por neno ou nena.
  • – Debemos acoller con dignidade a nenos e nenas que chegan sos a España, fuxindo da violencia, da pobreza ou do cambio climático. É esencial evitarmos discursos que os deshumanicen e garantirmos unha atención integral, colaborativa e esperanzadora.
  • – Debemos construír un sistema de protección centrado na familia e na prevención, que apoie as familias en situación de vulnerabilidade para que poidan garantir o coidado dos seus fillos e fillas e evitar separacións innecesarias. Cando a separación sexa precisa, o acollemento familiar debe ser a opción preferente, ofrecendo un ambiente seguro, afectivo, reparador e estable. Os recursos residenciais deben ser espazos seguros e especializados que acompañen procesos de reparación. Cómpre reforzarmos os programas de emancipación, para que ningún mozo ou moza quede sen apoio ao saír do sistema.
  • – Na contorna dixital, é clave identificar riscos e establecer mecanismos de prevención, de educación e de atención, garantindo os dereitos da infancia tamén en Internet, coa participación activa dos nenos e das nenas, das escolas,  das familias e das empresas tecnolóxicas.
  • – Na prevención da violencia, debemos harmonizar a lexislación, establecer estándares de protección, rexistros actualizados, formacións e campañas de sensibilización. É necesario impulsar as figuras do coordinador de benestar nos centros educativos e do delegado de protección no ocio e no deporte.
  • – En saúde mental, comprometémonos a incrementar recursos, fomentar a prevención e detección temperá, e evitar que os malestares emocionais se convertan en problemas graves. Medidas como unidades móbiles de atención á saúde mental e políticas contra o bullying e o ciberacoso son fundamentais.

Recordamos tamén a situación da infancia noutros territorios: os recortes na axuda ao desenvolvemento poñen en risco avances logrados. Ademais, é preciso lembrar os vinte mil nenos e nenas que morreron na guerra en Gaza.

Garantirmos os dereitos de todos os nenos, nenas e adolescentes é responsabilidade colectiva. Debemos escoitalos, fomentar a súa participación e renderlles contas nas decisións que lles afectan.

*Programa financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia dentro da convocatoria de subvencións destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo á asigna ción tributaria do 0,7 % do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto de sociedades para o ano 2025

Compartir
Tabla de contidos