Idioma |

Novas

Nesta sección reunimos as últimas novas, proxectos, campañas, actividades e recursos relacionados coa protección da infancia en Galicia.

Coñecer para protexer: un proxecto que pon o foco na infancia

O proxecto Coñecer para protexer, impulsado pola Plataforma coa colaboración de Fundación "la Caixa", promove a prevención da violencia contra a infancia e a adolescencia en situación de tutela.

A mocidade galega dá voz ao futuro nun encontro para construír a nova Lei de Xuventude

A Plataforma participou no I Encontro Territorial en Galicia cara á creación dunha nova Lei de Xuventude. Un espazo que colocou á mocidade galega no centro das decisións e destacou a importancia da súa participación activa.

O noso desexo para 2025… ¡Que se nos escoite!

Sorteo "O noso desexo para 2025... ¡Que se nos escoite!" organizado pola Unión de Consumidores de Galicia. Dirixido a escolas infantís e centros de protección de menores ou de día, busca destacar a importancia de escoitar á infancia. Prazo ata o 26 de xaneiro de 2025.

Informe “Infancia e Pobreza”: Opinións e propostas de nenos, nenas e adolescentes

O informe “Infancia e pobreza” recolle as experiencias de máis de 2.000 nenos e nenas en España para identificar retos como o acceso a recursos básicos ou a discriminación. Galicia tamén participou neste proceso, dando visibilidade ás voces da infancia galega.

España, á cola da Unión Europea en pobreza infantil e exclusión social

A Comisión Europea alerta que España está entre os países máis rezagados da UE en pobreza infantil, exclusión social e abandono escolar. O informe reflicte unha situación crítica que require medidas urxentes e compromiso para garantir os dereitos da infancia.

Día dos Dereitos Humanos, un recordatorio da importancia dos dereitos da infancia

O Día dos Dereitos Humanos, celebrado o 10 de decembro, é unha oportunidade para lembrar a importancia de garantir os dereitos da infancia. Dereitos como a educación, a protección ou a participación son fundamentais para o desenvolvemento pleno das nenas e nenos, quen son o futuro da nosa sociedade.

A LOPIVI: A Lei Orgánica de Protección Integral á Infancia e Adolescencia fronte á Violencia

A LOPIVI garante a protección dos dereitos das crianzas e adolescentes, ofrecendo un enfoque integral contra a violencia e creando unha rede de protección. Descobre os principais puntos desta lei e como pode mellorar a seguridade infantil en España.

Baixo o mesmo paraugas, visibilizando os dereitos da infancia e adolescencia con discapacidade

Con motivo do Día Internacional das Persoas con Discapacidade, Ia POIG apoia a campaña Baixo o mesmo paraugas, promovendo a inclusión e os dereitos da infancia e adolescencia con discapacidade en Galicia.

A figura do Delegado de Protección en Ocio e Tempo Libre

A aprobación da LOPIVI, supuxo un gran avance na loita contra a violencia cara á infancia. Entre as novas obrigas establecidas para as entidades que traballan con nenos, nenas e adolescentes, destaca a designación da figura do delegado ou delegada de protección.

Asegurando o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible: o VIII Informe de EAPN Galicia

O VIII Informe de situación 2024 de EAPN Galicia destaca as boas prácticas e retos pendentes para garantir o dereito a unha vivenda digna, axeitada e accesible.

Semana conmemorativa polos Dereitos da Infancia e Adolescencia

A semana dos Dereitos da Infancia deixou momentos únicos: actos descentralizados, un evento central en A Coruña, acto coa Valedora do Pobo e a Declaración Institucional no Parlamento.

Educar para previr a violencia de xénero desde a infancia

No Día Internacional contra a violencia de vénero, reafirmamos o compromiso coa educación en igualdade desde a infancia. Previr, educar e escoitar son claves para construír un futuro libre de violencia.