Medrar en familia é un dereito. Acollemento familiar en Galicia
No Día Internacional do Acollemento Familiar, desde a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) e co apoio das entidades membro, queremos poñer o foco nun dereito esencial da infancia e adolescencia: medrar nun entorno familiar seguro, estable e afectivo.
O acollemento familiar é unha medida de protección clave para nenos, nenas e adolescentes que, por diversos motivos, non poden convivir coas súas familias de orixe. As familias acolledoras abren as portas dos seus fogares e dos seus corazóns, ofrecendo coidado, agarimo e acompañamento.
Por iso, hoxe reafirmamos o noso compromiso con este modelo de atención centrado nos vínculos, e convidamos á sociedade galega a coñecer os programas de acollemento que se están a desenvolver na nosa comunidade.
O noso obxectivo é dobre:
👉 Coñecer as distintas tipoloxías de acollemento familiar que existen
👉 Crear unha rede social e institucional que apoie e recoñeza ás familias acolledoras como axentes fundamentais para garantir os dereitos da infancia.
Nas seguintes ligazóns, podes coñecer máis sobre os programas activos en Galicia:
- ACOLLES+ (Asociación Aldeas Infantiles SOS)
- Apoio ao Acollemento familiar en familia extensa (Asociación Aldeas Infantiles SOS)
- CONVIVE.Comigo (Asociación Arela)
- En familia (Asociación Faiben e Asociación Galega de Adopción e Acollemento – Manaia)
- Familias Plus (Asociación Galega de Familias de Acollida – Acougo)
- Programa de Familias Acolledoras (Cruz Vermella).
- Un curso en Familia (Asociación Galega de Familias de Acollida – Acougo)
- Viaje hacia la vida (Fundación Tierra de Hombres)
💬 Entre todas e todos, podemos construír unha Galicia máis acolledora. Porque acoller é coidar, acompañar, crer, querer, protexer, transformar.
🌱 Cada neno, cada nena, leva dentro unha historia que merece ser escoitada, unha vida que merece ser acompañada, un futuro que merece medrar en familia.
