ACOLLES+
Aldeas Infantiles SOS
Ámbito de actuación
O programa ACOLLES+ actúa no ámbito do acollemento Familiar Especializado con Dedicación Exclusiva.
Beneficiarios/as
O Acollemento Familiar Especializado con Dedicación Exclusiva é un modelo deseñado para dar resposta a nenos, nenas e adolescentes dentro do sistema de protección e con dificultades serias para acceder a outros tipos de acollemento: grupos de irmáns (especialmente aqueles nos que hai un menor de 6 anos), nenos e nenas con necesidades educativas especiais ou con necesidades no ámbito do coidado da saúde física e/ou emocional.
Localización do programa
Provincia de Pontevedra.
Organismo colaborador
Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Descrición do programa
O acollemento especializado con dedicación exclusiva é unha modalidade de acollemento familiar na que existe unha vinculación contractual coa entidade ademáis dunha compensación económica polos gastos de manutención, posto que as características dos nenos e as nenas requiren de dispoñibilidade plena por parte dun dos adultos acolledores, para poder, así, atender adecuadamente estas necesidades especiais nun ambiente familiar afectivo, estable e socializador.
En canto ás familias acolledoras, Aldeas Infantiles será a responsable da valoración e proposta, explorándose neste proceso de valoración aspectos como a capacidade de vinculación e de reparación do dano dos nenos e nenas, historia familiar, competencias parentales, motivación cara ao acollemento, etc.
Esta valoración faise por parte de profesionais especializados en acollemento familiar e a partir de aí, é a administración a que declara a adecuación para o acollemento familiar.
Por tanto, nesta modalidade de acollemento, o foco ponse na capacidade dunha parentalidad positiva e reparadora para os nenos e nenas e na exclusividade e plena dispoñibilidade por parte dun adulto acolledor.
As familias contan co apoio dun equipo profesional responsable do acompañamento e da supervisión do proceso de acollemento e da coordinación cos servizos sociais. Aldeas Infantiles asume, así, o rol de intermediaria entre a administración e a familia acolledora durante todo o proceso de acollemento. Tamén proporciona formación, seguimento e apoio continuo á familia de acollida, así como espazos de respiro, que axuden a soster o acollemento, ademais, do apoio dos diferentes programas, incluído o apoio na maioría de idade, sempre desde un modelo de traballo en rede, tanto interna como externa e con plena participación do neno, nena e familias acolledora e de orixe.
O acompañamento e a formación das familias son de vital importancia, xa que lles axudarán a crear uns patróns de apego adecuados que permitan ao neno ou nena a construír un vínculo seguro coas súas novas figuras adultas de referencia, de quen necesitará recibir incondicionalidade para afianzar o seu benestar.
Cos nenos, nenas e adolescentes acollidos traballarase na construción dunha identidade positiva, e coas súas familias de orixe, para que consigan superar as dificultades que provocaron a separación. Na medida do posible, tratarase de facilitar a reintegración familiar e promoveranse as boas relacións entre ambas as familias. Todo iso para garantir a estabilidade e o desenvolvemento san de nenos e nenas así como a perdurabilidad do acollemento mentres o neno, nena ou adolescente necesite desta medida de protección.
O programa inclúe accións de sensibilización social, que axuden a atopar familias de acollida, e de incidencia política, co obxectivo de xerar cambios nas políticas públicas nacionais e locais que amplíen as distintas alternativas de coidado alternativo, facilitando unha diversidade de opcións que se adapten ás necesidades individuais de cada neno e nena. Contará, así mesmo, con sistemas de avaliación que permitan recoller evidencias sobre o seu funcionamento e planificar a escalabilidade desta medida.
Contacto
Mª Jesús González Lorenzo
mjgonzalez@aldeasinfantiles.es
Teléfono 628321125