CONVIVE.Comigo

Asociación Arela

Obxectivo e destinatarios/as

O Programa Convive ten como obxectivo xerar un banco de persoas e familias, polo tanto, os destinatarios directos do Programa sería a sociedade en xeral. Partindo da idea de que este programa debe ser trasladado a persoas e familias con especial sensibilidade coa infancia e mocidade, a sociedade, en xeral, será obxecto de valoración e selección xa que se fará necesario que as persoas e familias cumpran os requisitos do Programa e superen a fase de valoración, para poder considerarse susceptibles de ser persoas ou familias coas que poidan convivir adolescentes que teñan que cumprir unha medida de convivencia.

Os destinatarios principais, aínda que indirectos, do Programa son os/as adolescentes maiores de 14 anos aos /ás que o Xulgado impón unha medida de convivencia con persoa ou familia. Aínda que dende o Programa Convive non se vai a intervir directamente con eles/elas, son considerados destinatarios principais xa que a fin do Programa é que , durante o cumprimento da medida, os/as adolescentes poidan convivir nun ambiente socializador e positivo que lles procure a posibilidade de modificar o que motivou a medida e , polo tanto, non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Localización do programa

Provincia de Pontevedra.

Organismo colaborador

Xunta de Galicia.

Descrición do programa

Que se busca?

Buscamos familias e persoas cunha alta sensibilidade cara á adolescencia que queiran facer unha aposta temporal por un/unha adolescente con dificultades a quen o xulgado lle impuxo en sentenza unha medida de convivencia cunha persoa ou familia.

Un ambiente socializador e positivo que lles permita aos/as adolescentes a posibilidade de modificar as circunstancias que motivaron a medida e, polo tanto, que non reincidan nos mesmos feitos, comportamentos e actitudes.

Que requisitos?

Partimos duns requisitos mínimos como ser maior de idade, dispoñer dunha vivenda adecuada, estabilidade emocional, comprometerse traballar en equipo, garantir un alto grao de dispoñibilidade, non buscar a satisfacción dun desexo de parentalidade,…

Valoramos positivamente a formación relacionada con ciencias sociais, a experiencia previa en programas de acollemento familiar, ter unha predisposición a ser formadas en diferentes temáticas como adolescencia, formación de carácter xurídico,…

Que ofrecemos?

Formación grupal e individual, e asesoramento.

Acompañamento de profesionais.

Financiamento durante os meses que permaneza o/a adolescente coa familia ou a persoa.

Contacto

convive@arela.org

Teléfono 986212537