Un curso en familia

Asociación Galega de Familias de Acollida – Acougo

O programa Un curso en Familia supón deseñar un novo tipo de acollemento familiar cunha duración dun ano e ligado a un compromiso persoal co seu itinerario formativo por parte das persoas adolescentes participantes.

Obxectivo

Xerar alternativas para a adolescencia en acollemento residencial durante os meses lectivos e impulsar a medida de acollemento familiar na sociedade galega. Ampliando a súa rede de apoio e ofrecendo unha experiencia en familia que facilite adquirir novos modelos de referencia no seu presente e futuro.

Beneficiarios/as

Adolescentes participantes:

  • Adolescentes con idades comprendidas entre os 13 e 17 anos que actualmente residen en centros residenciais de protección da comunidade autónoma galega.
  • Manter a estabilidade nas diferentes áreas da vida do/a adolescente (plan de contactos establecido coa súa familia de orixe, actividades extraescolares e contacto co seu grupo de iguais) mediante a asignación de familias próximas ao seu entorno.
  • Compromiso de asistencia diaria a clase.
  • Compromiso explícito de implicación e esforzo co curso escolar ( cualificacións académicas).
  • Aceptación voluntaria e nivel madurativo óptimo para entender as características e o acordo de colaboración.

Familias participantes:

  • Compromiso de manter o vínculo emocional co adolescente tras o periodo de convivencia para convertirse nun recurso de apoio.
  • Ter o seu domicilio familiar próximo ao centro residencial co fin de manter a estabilidade nas diferentes areas da sua vida.
  • Entender e estar disposto a participar no programa.
  • Ter estabilidade emocional, familiar e afectiva.
  • Contar con estabilidade económica e unha vivenda axeitada.
  • Ausencia de calquer causa que incapacite para a participación no programa.

Organismos colaboradores

  • Dirección xeral de infancia, familia e dinamización demográfica
  • Centros de protección á infancia e adolescencia

Descrición do programa

“Un curso en Familia” supón deseñar un novo tipo de acollemento familiar cunha duración de un ano e ligado a un compromiso persoal co seu itinerario formativo por parte das persoas adolescentes participantes.

A integración nunha familia durante o ano escolar ten por obxectivo xerar un vinculo afectivo que supoña un recurso de apoio finalizado o período de convivencia.

A praza no centro residencial é mantida pola administración, posto que a experiencia dun ano en familia require o apoio dos educadores de referencia da persoa adolescente para a súa integración na familia, para continuar co seu plan de contactos coa súa familia biolóxica e para continuar ofrecendo a estabilidade nas diferentes áreas da súa vida.

As familias participantes supoñen un recurso máis, unhas novas persoas que entran na súa vida para aumentar os recursos e apoios que xa ten constituídos o adolescente.

Aproximadamente as tres cuartas partes dos NNA en acollemento residencial teñen entre 12 e 17 anos e, alcanzada esta idade, as probabilidades de obter alternativas á institucionalización redúcense ou son inexistentes.

Esta proposta ademais reduce os medos presentes en todos os axentes (NNA, FB y FA) sobre a medida de acollemento familiar debido ao seu carácter temporal. Diminuíndo o risco dun conflito de lealdades.

E supón a aceptación voluntaria da persoa adolescente, a súa implicación e esforzo co seu proxecto de futuro. É devolverlles control sobre a toma de decisións na súa vida, fomentar o desenvolvemento de obxectivos persoais e asumir responsabilidades acordes o seu momento vital da adolescencia.

Isto require dun equipo multidisciplinar a disposición das familias e adolescentes, con seguimentos periódicos e un apoio e acompañamento en funcións das súas necesidades. Tamén dun traballo coordinado e con comunicación fluída entre os distintos axentes implicados (ETM, centro residencial, FA, FAB, NNA e ETAC)

Fases do proxecto en función dos participantes.

Familias participantes:

  1. Difusión e captación de familias
  2. Formación e valoración de familias
  3. Informe técnico sobre a valoración da familia
  4. Asignación adolescente- familia e presentación
  5. Seguimento do acollemento
  6. Comunicación, coordinación cos diferentes axentes implicados
  7. Finalización e avaliación

Adolescentes participantes:

  1. Proposta e derivación
  2. Primeira entrevista (presentación da modalidade de acollemento)
  3. Segunda entrevista (acordo de compromiso)
  4. Presentación familia- adolescente
  5. Acordo de saídas progresivas
  6. Inicio e seguimento do acollemento
  7. Finalización e avaliación

Familias biolóxicas:

Para favorecer o desenvolvemento do programa explicarase o programa ás familias biolóxicas para poder contar coa súa necesaria colaboración, en coordinación e cooperación directa coa dirección e o persoal do centro de orixe. Sendo este o que valorará o plan de actuación e comunicación e tendo a súa disposición ó ETAC .

Contacto

Raquel Otero , otero@acougo.gal , 633674956, preferiblemente, luns , mércores e xoves pola mañán.

Máis información