Programa de Apoio ao Acollemento en Familia Extensa

Aldeas Infantiles SOS Galicia

Ámbito de Actuación

O Programa de Apoio ao Acollemento en Familia Extensa intervén para desenvolver unha contorna segura do menor de idade en acollida familiar

Localización do programa

Comunidade Autónoma de Galicia.

Organismo colaborador

Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.

Beneficiarios/as

Nenas, nenos e adolescentes con medida de protección acollidos pola familia extensa, as familias acolledoras e as familias proxenitoras de estes NNA.

Descripción do programa

O Programa de Apoio ao Acollemento en Familia Extensa de Aldeas Infantiles está destinado a responder de xeito integral as necesidades de rapaces e rapazas con algunha medida de protección por parte da administración que están en acollemento familiar na súa familia extensa, tamén as necesidades das familias acolledoras que teñan formalizado un contrato de acollemento e as das persoas proxenitoras que nos son derivadas.

A intervención levase a cabo mediante accións de apoio, orientación e acompañamento baseadas nos obxectivos plantexado nun plan de traballo elaborado en coordinación cos ETM.

O traballo en redeconsidéranse fundamental e pretende establecer sinerxías e integrar todo o sistema de relacións e recursos nos que están a desenvolverse NNA e que afectan e repercuten directa ou indirectamente no benestar seu benestar.

As acción de apoio deste programa se complementan con actividades lúdicas e de respiro con NNA coma os campamentos de verán que tódolos anos se realizan cos grupos de rapaces e rapazas do programa e que supón un tempo de respiro familiar así coma unha experiencia de convivencia con outros nenos e nenas que tamén están en situación de acollemento familiar.

A planificación dos obxectivos do plan de intervención familiar realízase implicando a todas as persoas interesadas, xa que a participación infantil e da familia no proceso de acollida faise fundamental. Na entidade a participación infantil se fomenta de xeito transversal gracias ao traballo dun Comité de Participación Infantil encargado de emprender políticas que garantan a mesma en tódolos programas de atención á infancia protexida.

Complementan o programa as sesións formativas iniciais destinadas as familias que están solicitando o acollemento de nenos e nenas, no que se trata de aportar un coñecemento amplo do que significa esta medida de protección e informar do que implica dar o paso de acoller antes de que se tome esa decisión por parte das familias.

Finalmente, relacionado coa temática da formación, tamén se está a por en marcha un proxecto piloto de escola de familias no que se está a convidar a todas aquelas familias beneficiarias do programa que queiran participar e no que se ofertan sesións de formación en aspectos relacionados co acollemento e o bo trato á infancia, onde se abordan dificultades comúns que poden estar a ter que afrontar moitas familias durante o proceso de acollemento e tamén se xera un espacio de apoio mutuo e se fomentan actividades de autocoidado.

Contacto

Maria Jesús González Lorenzo mjgonzalez@aldeasinfnatiles.es Teléfono: 628 321 125

Antonio Chenlo Fernández anchenlo@aldeasinfantiles.es Teléfono: 682 445 523