Familias Plus

Asociación Galega de Familias de Acollida – Acougo

Ámbito de actuación

O Programa Familias Plus actúa no “Acollemento familiar como recurso de prevención “.

Dende a Asociación Acougo propoñemos un servizo de atención e apoio para ás familias con fillos e fillas a cargo que atravesan dificultades sen que estas constitúan unha desprotección pero si presentan factores de risco que requiren unha intervención dende os servizos sociais comunitarios.

Eido de actuación e desenvolvemento local.

Beneficiarios/as

O Servizo de Familias Plus é un recurso que atende a familia que, temporalmente atópanse ante dificultades na atención dos seus fillos e fillas (problemas de saúde, dificultade para conciliar a vida laboral, formativa e familiar…). As dificultades familiares non poden supoñer unha situación de desprotección para a infancia e adolescencia e enténdese que, mediante este recurso, poidan superar as dificultades que motivaron a activación do Servizo. Deste xeito, é un programa orientado á prevención e a diminuír os factores de risco leve. As características das familias para valorar ó acceso ó servizo son as seguintes:

  • Familias monoparentais ou monomarentais
  • Mulleres vítimas de violencia de xénero
  • Familias sen rede social ou familiar
  • Familias con horarios laborais moi esixentes (fins de semana, vacacións)
  • Familias con problemas médicos ou sanitarios
  • Familias con unha valoración de risco leve As habilidades parentais das familias teñen que estar preservadas posto que é un recurso de apoio non de crianza e as necesidades básicas dos nenos e nenas teñen que estar cubertas.

No caso de mulleres vítimas de violencia de xénero será necesaria a derivación e coordinación cos centros de apoio á muller.

Organismo colaborador

Concellos.

Descrición do programa

A finalidade que persegue este servizo é desenvolver programas preventivos e mellorar a eficacia das actuacións e intervencións previas a decretarse unha situación de risco ou desamparo.

Do mesmo modo, no caso de que a Administración teña que asumir medidas de protección á infancia e adolescencia, as familias colaboradoras poden constituír un recurso para a infancia e adolescencia debido a relación previa de apoio establecida co neno, nena ou adolescente e o coñecemento entre familias.

Propoñemos a continuación o desenvolvemento dun Servizo atendendo ás súas diferentes fases e axentes implicados:

Familias colaboradoras:

1. Difusión e captación de familias

2. Proceso de valoración e formación das familias

3. Idoneidade e inscrición na bolsa de familias do seu concello

4. Proposta de colaboración

5. Acordo mutuo de colaboración Son familias que de xeito voluntario ofrécense para apoiar a outra familia da súa comunidade na atención dos seus fillos e fillas. Estas familias están informadas das características do Servizo e das súas funcións e queren iniciar o proceso de avaliación para formar parte da bolsa de Familias Plus do seu concello Son obxecto dun estudio psicosocial para obter a idoneidade para participar neste servizo (unha visita domiciliaria e dúas entrevistas)

Ademais de presentar á documentación requirida (DNI, certificado negativo de antecedentes e delitos sexuais e a protección de datos) e facer unha formación específica. Tal e como se recolle na Lei 26/2015 de Criterios de cobertura, calidade e accesibilidade en acollemento familiar. Unha vez realizado o proceso de valoración e contar coa idoneidade entran a formar parte de bolsa de familias plus do seu concello. Ante a detección dunha familia que requira o Servicio Familias Plus, contactarase coa familia para explicarlle a súa colaboración (concretando horarios, funcións) e coñecer a súa dispoñibilidade. No caso que a familia poda ofrecer o seu apoio acordarase unha reunión cos diferentes axentes implicados (familia destinataria, axentes dos servicios sociais e técnicos de Acougo) para formalizar o acordo mutuo de colaboración.

Equipo Técnico dos Servicios Sociais Comunitarios

1. Detección e valoración de familias destinatarias para o Servizo de Familias Plus

2. Informar e concretar coa familia destinataria ó apoio que solicita

3. Asignación da Familia Plus en función das súas necesidades

4. Aceptación voluntaria e acordo de colaboración Os axentes dos servizos sociais son os que dispoñen da información necesaria para conectar ás familias destinatarias e as familias plus en función das necesidades detectadas. A valoración das familias destinatarias e a presentación do Servizo de Familias Plus será de xeito presencial e en colaboración co Equipo Técnico de Acougo (ETAC) para resolver calquera dúbida e concretar o tipo de colaboración que a familia precisa. O servicio de Familias Plus, é un recurso voluntario no que a familia destinataria ten que coñecer as características, a temporalidade e describir de xeito concreto o tipo de apoio que precisa para a atención dos seus fillos e fillas (actuacións concretas que precisa da familia Plus). A familia destinataria debe coñecer que as familias Plus son valoradas, que non poden exceder as súas función e que a súa colaboración está suxeita a un prazo máximo de 6 meses. En función das necesidades expresadas pola familia destinataria, os axentes dos servicios sociais activaran a bolsa de familias Plus do seu concellos na busca dunha familia que poda 9 asumir á colaboración deseñada pola familia destinataria. (dispoñibilidade, proximidade e características ou perfil) Unha vez asignada unha Familia Plus para a familia destinataria, é necesario establecer unha reunión con ambas familias e o persoal técnico implicados para presentarse e aceptar ou non o acordo mutuo de colaboración.

Equipo Técnico de Acougo (ETAC):

1. Difusión, formación e valoración das Familias Plus

2. Informe de valoración

3. Presentación do Servizo e acordo mutuo de colaboración

O equipo técnico de Acougo pon a disposición dos concellos o Servizo de Familias Plus como un recurso propio da súa comunidade que atenda ás necesidades das familias que atravesan por una situación difícil e requiren o apoio de outra familia para a atención dos seus fillos e fillas.

A difusión do servicios e a busca de Familias Plus desenvolverase por concellos mediante a charla de difusión II e a valoración das familias, recollidas nun informe final, co obxectivo de obter a súa idoneidade e rexistrar á familia na bolsa de Familias Plus.

O equipo técnico de Acougo ponse á dispoñibilidade dos concellos para apoiar ás familias destinatarias, ás Familias Plus e aos equipos profesionais de xeito continuada e facendo especial mención na presentación do Servizo, no acordo mutuo de colaboración e na renovación ou suspensión do servizo transcorridos os 6 meses

Comunicación e coordinación:

1. Equipo Técnico de Menores (ETM)

2. Equipo técnico dos servizos sociais Comunitarios

3. Equipo Técnico de Acougo (ETAC)

4. Familias destinatarias

5. Familias Plus O Servicio de Familias Plus é un recurso de prevención e apoio a familias que atravesan dificultades na atención ou coidado dos seus fillos e fillas.

A vulnerabilidade e posibles situacións de risco na infancia e adolescencia pon de manifesto a necesidade de establecer un traballo conxunto e coordinado entre os diferentes axentes 10 sociais para que os obxectivos do Servizo se cumpran e non se constitúa unha situación de desprotección. No suposto de ter que activar medidas de protección, á comunicación e coordinación entre os axentes facilitan a valoración e toma de decisións pertinentes por parte da Administración ao dispoñer de toda a información sobre a familia.

Seguimento:

Establécese un seguimento periódico para atender ás familias e ofrecer o soporte técnico que precisen mediante o traballo en rede e coordinado entre os diferentes axentes sociais. Este seguimento será realizado por un equipo profesional que pode estar formado por profesionais da rama da psicoloxía, traballo social, pedagoxía e a educación social. Ademais de dispoñer dun telefono de atención de emerxencia para solventar ou atender calquera incidencia.

Renovación ou suspensión da colaboración:

1. Valoración da situación familiar

2. Valoración dos resultados

3. Toma de decisións

O prazo máximo de 6 meses establécese co obxectivo de realizar unha nova valoración da situación que motivou á activación do servizo:

  • Revisar á necesidade de manter ou non ó apoio familiar
  • Valorar si existen ou non factores de risco
  • Valorar o grado de satisfacción das familias e da infancia e adolescencia
  • Propoñer á suspensión ou renovación/modificación do acordo de colaboración mutuo

Pasos a seguir

Os pasos para seguir son os seguintes:

PASO 1 Declaración do risco por parte dos Servizos Sociais Comunitarios.

PASO 2 Información por parte dos SSC ás persoas responsables do programa.

PASO 3 Entrevista coa familia derivada ao servizo.

PASO 4 Busca de Familias Plus.

PASO 5 Valoración de Familias Plus.

PASO 6 Unión de familias.

PASO 7 Seguimento e valoración.

PASO 8 Informes de seguimento e informe final.

Contacto

Patricia Quintana Wareham.

familiasplus@acougo.gal

Tel +34 691 990 818