A voz da infancia e adolescencia no 8 de marzo

O feminismo tamén é cousa da infancia e adolescencia! No 8M, damos voz ás súas ideas e reivindicacións. Escoitámolas? 💜

O Día Internacional da muller non é só unha data para lembrar a loita das mulleres adultas: é tamén un día para reivindicar os dereitos das nenas e adolescentes, para escoitalas e para lembrar que a desigualdade comeza na infancia.

O feminismo desde os ollos da infancia e adolescencia

Nos espazos de participación infantil e adolescente, os nosos rapaces e rapazas teñen claro que a igualdade é unha loita de todas as idades. Cando lles preguntamos sobre que significa o feminismo para eles e elas, estas son algunhas das respostas:

🗣️ “Que nos escoiten igual que aos rapaces, que as nosas ideas valen igual.”

🗣️ “Que non nos digan que hai cousas que non podemos facer por ser nenas.”

🗣️ “Que cando sexamos maiores, nos paguen igual se facemos o mesmo traballo.”

A infancia e adolescencia ten claro que o feminismo é necesario para construír un mundo máis xusto. Pero, estámoslles dando os espazos para expresarse e para formar parte desta loita?

Por que o 8M é un día polos dereitos da infancia?

O feminismo e os dereitos da infancia están totalmente conectados. A desigualdade comeza desde pequenas:

💜 As nenas seguen tendo menos oportunidades en sectores como a ciencia ou o deporte.

💜 A educación segue cargada de estereotipos que limitan as súa expectativas de futuro.

💜 Moitas adolescentes sofren discriminación, acoso ou violencia polo feito de ser mulleres.

Se queremos un mundo máis igualitario, temos que traballar dende a infancia. Porque a participación infantil e adolescente é clave para transformar o futuro.

Construíndo un futuro feminista dende a infancia

O 8M é un día para lembrar que todas as persoas, independentemente da idade, temos un papel na loita pola igualdade. Demos voz á infancia, escoitemos as súa reivindicacións e apoiemos unha educación feminista e libre de discriminación.

Hoxe e cada día, seguimos loitando polos dereitos de todas as nenas e adolescentes! 💜

Compartir
Tabla de contidos