Unha oportunidade de formación pensada para o persoal técnico do sistema de protección/medidas xudiciais que traballa ou convive con infancia e adolescencia tutelada. Esta iniciativa, impulsada pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia e coa colaboración da Fundación La Caixa, busca dotar aos profesionais das ferramentas necesarias para garantir ambientes seguros e libres de violencia.
En que consisten as formacións?
As formacións están deseñadas para profundizar nos seguintes aspectos:
- LOPIVI: Coñecemento e aplicación dos principios desta normativa para a protección da infancia e adolescencia.
- Creación de espazos seguros: Estratexias e metodoloxías para fomentar contornas que garanticen o benestar dos NNA.
- Espazos libres de violencia: Identificación de situacións de risco, alzamento da voz e coñecemento das modalidades de denuncia.
Detalles da formación
- Dirixido a: Persoal técnico do sistema de protección/medidas xudiciais que traballa ou convive con infancia e adolescencia tutelada.
- Duración: Cada sesión ten unha duración de 4 horas.
- Localizacións: Santiago, Coruña, Ourense, Vigo e Lugo.
- Formato: En cada localización impartiranse dúas formacións complementarias.
Recomendación: Se estás interesado, inscríbete a ambas sesións para aproveitar ao máximo o contido. - Formadores: Amino Galicia e Crianza Terapéutica.
Como inscríbete?
Para asegurar a túa praza, visita o seguinte enlace:
https://forms.gle/Pfc2v8YMiCnaG1n56
Non perdas esta oportunidade de formación que contribuirá a crear contornas seguras e de confianza para a infancia e adolescencia.
