Buscamos Técnico/a de Comunicación – Programas de Cooperación 2025

A POIG abre un proceso selectivo para un posto de técnico/a de comunicación ao 75% da xornada, dentro dos Programas de Cooperación da Xunta. Envío de candidaturas ata o 16 de novembro.

Contratación financiada pola Subvención para o fomento do emprego a través dos programas de cooperación no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro.

Buscamos unha persoa técnica de comunicación ao 75% da xornada, con dotes para a redacción, medios de comunicación, xestión de páxinas web, RRSS e sensibilidade coas necesidades da infancia e adolescencia máis vulnerable.

Descrición do posto

En dependencia da Dirección da Secretaría Técnica da entidade realizará as seguintes funcións de comunicación e sensibilización coa finalidade de mellorar o coñecemento dos dereitos da infancia e adolescencia galega.

– Titulación en xornalismo e/ou comunicación.
– Coñecemento do ámbito da infancia e adolescencia.
– Manexo elevado de RRSS, ofimática e ferramentas de deseño gráfico e vídeo.
– Imprescindible boas habilidades de comunicación oral e escrita en galego (CELGA 4) e castelán.
– Flexibilidade para apoiar noutras actividades e tarefas da entidade relacionadas con procesos de incidencia política, voluntariado e con actividades de participación infantil co Grupo de Participación Infantil e Adolescente da entidade.

Funcións principais:

– Creación e edición de contidos audiovisuais e gráficos (vídeos, reels, infografías, materiais interactivos).
– Redacción e envío de notas de prensa, contacto con xornalistas e seguimento de publicacións en medios especializados ou dixitais.
– Elaboración de materiais para accións de incidencia e sensibilización sobre os dereitos da infancia.
– Apoio en incidencia na xestión de relacións institucionais con actores clave, así como no deseño e redacción de campañas.
– Participación en labores de investigación e redacción de informes sobre os dereitos da infancia.
– Apoio na elaboración e implantación da estratexia de comunicación.
– Apoio na organización de eventos, xornadas e actividades participativas, así como na elaboración de materiais de comunicación asociados.
– Seguimento e reporte de indicadores de impacto e métricas das accións de comunicación.
– Incorporación da participación infantil e adolescente na creación de contidos e materiais de sensibilización.
– Flexibilidade para apoiar, de ser preciso, na xestión administrativa que precise a entidade.

Valorarase positivamente

– Coñecementos en social media e marketing dixital.
– Experiencia na xestión de relacións con medios de comunicación e coordinación de accións de prensa.
– Competencias en áreas creativas e comunicativas: fotografía, deseño gráfico, comunicación audiovisual e xestión de campañas e eventos.
– Experiencia no traballo con infancia e adolescencia.
– Manexo de ferramentas especializadas (Photoshop, Illustrator, InDesign, Premiere, Mailrelay…).

Competencias

– Empatía e sensibilidade cara aos dereitos da infancia e adolescencia.
– Compromiso, iniciativa e creatividade.
– Organización e planificación.
– Adaptación, reacción e resolución ante escenarios cambiantes ou flexibles.
– Capacidade de traballo en equipo e colaboración coa entidade e coas entidades membro.

Datos básicos da contratación

– Contrato temporal de 12 meses de duración, a xornada parcial (75%).
– Lugar de traballo: Santiago de Compostela.
– Data prevista de contratación: 1 de decembro.
– Convenio: Acción e Intervención Social.

Concorrencia

Envía a túa candidatura ao correo poig@infanciagalicia.org, ata o 16 de novembro, co asunto:
“Selección comunicación + NOME E APELIDOS”

Documentación a presentar:
Currículo Vitae actualizado.
Carta de motivación.

Importante: absterse persoas candidatas que

(i) Non sexan persoas desempregadas inscritas no SPEG como demandantes non ocupadas e que non estean dispoñibles para o emprego na data de selección e contratación.

(ii) Estivesen contratadas por un período igual ou superior a seis meses, con cargo ás axudas concedidas polas ordes da Consellería de Economía, Emprego e Industria dos anos 2022, 2023 e 2024 no ámbito de colaboración coas entidades sen ánimo de lucro en materia de políticas activas de emprego.

 

TERMINOS DE REFERENCIA
Compartir
Tabla de contidos