Novas

Nesta sección reunimos as últimas novas, proxectos, campañas, actividades e recursos relacionados coa protección da infancia en Galicia.

A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego

A transformación dixital non chega do mesmo xeito a todos os lugares. No rural galego, a infancia e adolescencia pode atopar máis dificultades para acceder á educación en liña, aos recursos formativos, ao lecer dixital ou a servizos básicos pola falta de conectividade de calidade.

Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional?

No Congreso sobre os Dereitos da Infancia celebrado en Santiago de Compostela o pasado 12 de xuño, conversamos con Ricardo Fandiño e Pepa Horno sobre saúde mental, prevención, vínculos seguros e a importancia de situar a infancia no centro.

A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes

Galicia presenta mellores indicadores ca outras comunidades no que respecta á pobreza infantil, pero os datos seguen amosando unha realidade que non podemos ignorar. Arredor de 48.000 nenos, nenas e adolescentes viven en situación de pobreza e preto de 17.000 sofren carencia material severa.

A POIG reclama reforzar as políticas públicas de infancia ante os principais retos sociais en Galicia

A POIG celebra o I Congreso Autonómico Os dereitos da infancia en Galicia, unha xornada de análise, diálogo e propostas sobre os principais retos da infancia e adolescencia no territorio galego.

Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia celebrou o I Congreso Autonómico Os dereitos da infancia en Galicia: avances, retos e propostas, unha xornada de análise e diálogo arredor dos principais desafíos da infancia e adolescencia galega. No marco do encontro presentouse o informe Os dereitos da infancia en Galicia, que recolle datos, retos e propostas en ámbitos como protección, pobreza infantil, saúde mental, violencia, educación e participación.

Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026

Aberto o prazo para participar no Día da Infancia 2026 baixo o lema #DereitosÁAcción. Participarán nenos, nenas e adolescentes de 6 a 17 anos.

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, premiada nos Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais pola iniciativa Redeir@s

O programa de participación infantil e adolescente é recoñecido polo seu enfoque baseado nos dereitos da infancia e a promoción da súa participación activa A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia foi recoñecida este venres 24 de abril nos V Premios de Boas Prácticas en Servizos Sociais organizados pola Deputación da Coruña, nun acto […]

A pobreza redúcese en España, pero non chega á infancia máis vulnerable

A Plataforma de Infancia presenta o seu informe sobre pobreza infantil en España 2026, no que se observa unha leve mellora xeral, pero cun aumento das desigualdades na infancia máis vulnerable.

¡Hola, mundo!

Te damos la bienvenida a WordPress. Esta es tu primera entrada. Edítala o bórrala, ¡luego empieza a escribir!

Mantense estable o impulso social da poboación galega marcando o X solidario con máis recadación para proxectos sociais

O Terceiro Sector galego chama a marcar o recadro 106 do X Solidario na declaración da renda para destinar o 0,7% dos impostos a proxectos sociais. En Galicia, esta iniciativa xa beneficia a milleiros de persoas en situación de vulnerabilidad

Patronal e sindicatos do sector de protección e reforma da infancia asinan un acordo histórico pola igualdade salarial

A patronal e os sindicatos do sector de protección e reforma da infancia en Galicia asinan un acordo para avanzar na equiparación salarial, mellorar as condicións laborais e reforzar a sustentabilidade do sistema.

A Xunta inicia a tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia

A Xunta anunciou o inicio da tramitación do anteproxecto da primeira Lei galega de infancia e adolescencia. A futura norma pretende reforzar a protección dos nenos, nenas e adolescentes, impulsar o acollemento familiar e avanzar cara a un marco específico de garantía de dereitos en Galicia.