A plataforma conmemora este día amosando os programas de acollemento familiar das entidades

Hoxe, Día Internacional do Acollemento Familiar, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en conxunto coas entidades membro, non querían deixar pasar a oportunidade de incidir na importancia de xerar coñecemento do mesmo mediante informar as familias e a todo o público sobre os recursos que xestionan.
POIG: Acollemento familiar

Santiago, 31 de maio do 2023. Hoxe, no Día Internacional do Acollemento Familiar, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) en conxunto coas entidades membro, non querían deixar pasar a oportunidade de incidir na importancia de xerar coñecemento do mesmo mediante dar a coñecer ás familias e a todo o público sobre os recursos que se están a xestionar na comunidade autónoma.

O obxectivo das entidades da plataforma é a de dar a coñecer os seus programas nas tipoloxías de acollemento familiar existentes, á sociedade no seu conxunto, pero sobre todo a de xerar unha rede de apoio ás familias acolledoras para velar polos dereitos que teñen todos os nenos e nenas a crecer en familia.

Nas seguintes ligazóns, atoparedes os seguintes programas:

A finalidade do Acollemento Familiar é a de procurar ao menor de idade que está nunha situación de risco ou de desamparo o desenvolvemento e a protección integral no seo dunha familia que non é a súa biolóxica, na que participará e integrarase plenamente, e que lle ofrecerá un ambiente familiar afectivo e positivo para o seu desenvolvemento.

En España hai case 50.000 nenos, nenas e adolescentes baixo o Sistema de Protección á Infancia, 2.375 están en Galicia. Dese total, 21.000 atópanse en recursos residenciais e boa parte deles buscan familia de acollida nestes momentos.

Sobre a POIG:

A Plataforma de Organizacións de Infancia Galega fundada no ano 2018 agrupa a 36 organizacións que comparten o obxectivo de defender, promover e protexer os dereitos das nenas, nenos e adolescentes no territorio galego.

Compartir
Tabla de contidos