Programa de Familias Acolledoras
Cruz Vermella Galicia
Localización do programa
O Programa de Familias Acolledoras de Cruz Vermella, ten lugar en toda a Comunidade Autónoma de Galicia.
- Sede Cruz Vermella en A Coruña, R/ Cruz Vermella Española, nº1 -15002 A Coruña.
- Sede Cruz Vermella en Santiago de Compostela, Avda. de Lugo, nº 42 – 15703 Santiago.
- Sede Cruz Vermella en Lugo, Avda. de Madrid, s/n – 27002 Lugo.
- Sede Cruz Vermella en Ourense, R/ Díaz de la Banda, nº40 – 32004 Ourense.
- Sede Cruz Vermella en Pontevedra, R/ Cruz Vermella, nº 26 -36002 Pontevedra.
Organismo colaborador
Consellería de Política Social e Xuventude da Xunta de Galicia.
Beneficiarios/as
Nenos, nenas e adolescentes de 0 a 17 anos que están no Sistema de Protección de Menores de idade.
Descripción do programa
O acollemento familiar é unha forma de coidado alternativo que prevé o Sistema de Protección á Infancia, baseado na solidariedade da cidadanía, que permite aos nenos, nenas e adolescentes nunha situación de desamparo crecer nun ambiente familiar estable durante un tempo determinado.
O obxectivo xeral do Programa é dar cumprimento ao dereito de todos os nenos e nenas a vivir e crecer nunha familia, tendo como horizonte o retorno coa súa familia de orixe cando sexa posible. O acollemento familiar achega maiores elementos de reparación que o acollemento residencial ás consecuencias dos danos producidos nos nenos/as pola súa exposición ao desamparo e/ou malos tratos. Os nenos e as nenas en acollemento familiar reciben unha atención individualizada que lles permite crear vínculos positivos, construír outras formas de relación, incorporar rutinas, valores e habilidades para unha mellor adaptación á vida diaria, facilitando as súas relacións sociais e desenvolvendo posibilidades de futuro diferentes ás de partida.
Este programa é froito do traballo conxunto do persoal de Cruz Vermella e o persoal dos Servizos Territoriais de Protección á infancia. Os equipos de Cruz Vermella están integrados por psicólogos, traballadores sociais e educadores sociais, contando coa participación de voluntariado debidamente capacitado para tal fin.
Realizamos acollementos en familia allea, onde non existe vínculo de parentesco nin de relación previa a súa constitución, e poden formalizarse acollementos de urxencia, temporais ou permanentes. E a convivencia do neno/nena coa familia acolledora pode ser plena ou de fin de semana e vacacións.
As familias de acollida nun acto solidario, ofrecen o seu fogar a nenos e nenas baixo unha medida de protección, cóidanos e exercen unha parentalidad social por un tempo determinado. As persoas candidatas deberán pasar por un proceso de formación – valoración, onde a familia poida reflexionar sobre esta decisión ata chegar a constituírse como familia acolledora.
Os criterios que utiliza a Administración Pública para determinar a capacidade de constituírse en familia de acollida están baseados na motivación e a estabilidade persoal, económica e social das persoas que se ofrecen para esta tarefa, tense especialmente en conta a súa capacidade educativa e relacional. Existe un marco regulador que concreta todos estes aspectos.
As familias acolledoras reciben formación, orientación, acompañamento e faise seguemento da evolución de cada neno, nena ou adolescente acollido.
Contacto
Mónica Castelao – moncas@cruzroja.es
Teléfono: 981 221 000 ext. 38320