Portada » A Plataforma » Transparencia
Neste apartado recompilamos a documentación institucional da POIG para facilitar o acceso á información sobre a nosa estrutura, funcionamento e actividade. A transparencia forma parte do noso compromiso coas entidades membro, coas administracións públicas e coa sociedade.
Os Estatutos da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) recollen a estrutura, os fins, os dereitos e deberes das entidades membro, así como as normas que regulan o seu funcionamento interno. Este documento é a base legal e organizativa da Plataforma, e garante un marco común para a colaboración, a participación e o bo goberno.
A canle ética é un sistema de comunicación confidencial da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), dirixido a persoas traballadoras, entidades membro, persoas colaboradoras, provedoras ou calquera terceira persoa relacionada coa actividade da Plataforma.
O Rexime Interno da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é un documento fundamental que establece as normas e os procedementos que guían a actividade interna da organización. A través deste rexime, asegúrase que todos os membros da POIG e as persoas que colaboran con ela teñan unha guía clara sobre as políticas e as pautas de conduta que deben seguir no seu traballo diario.
Este rexime define os principios de funcionamento, transparencia e xestión que orientan as decisións e accións dentro da POIG. O seu cumprimento é esencial para garantir que as actividades da organización se desenvolvan de acordo cos seus valores e misións, sempre respectando as mellores prácticas de bo goberno e ética profesional.
A continuación, presentamos o Código Ético da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, un documento fundamental para as organizacións que forman parte da Plataforma. Neste código, se recollen os principios e valores que guían as nosas accións e compromisos coa infancia e adolescencia.
O obxectivo deste Código Ético é establecer os valores e principios que deben guiar as actuacións de todas as persoas que forman parte da POIG, garantindo que cada acción e decisión se tome baixo os principios de respecto, responsabilidade e compromiso co benestar dos nenos, nenas e adolescentes.
O Plan de Igualdade da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha ferramenta que ten como obxectivo promover a igualdade de xénero en todas as actividades e procesos da organización. Este plan establece as políticas, medidas e accións que a POIG implementará para garantir a non discriminación, a equidade de xénero e a igualdade de oportunidades entre as persoas que forman parte da súa estrutura e as que se benefician dos seus programas e servizos.
O Plan de Voluntariado da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia recolle as liñas mestras da participación voluntaria na nosa entidade. Nel defínese o papel das persoas voluntarias, os seus dereitos e deberes, así como as accións que garantan unha colaboración ética, segura e enriquecedora para ambas partes.
Este documento contribúe a fortalecer o compromiso social da POIG e a promover a participación cidadá como motor de cambio na defensa dos dereitos de nenos, nenas e adolescentes.
Este documento recolle a base do sistema de calidade da entidade e o seu compromiso cunha xestión máis clara, ordenada e transparente.
Obxectivos, actuacións e resultados da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ao longo dos anos.
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2026
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2025
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2024
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2023
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2022
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2021
Obxectivos, actuacións e resultados do ano 2020
O Plan estratéxico orienta o traballo da POIG e recolle as prioridades, obxectivos e liñas de actuación da Plataforma para avanzar na defensa dos dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia.
Accede aos informes anuais que detallan os ingresos e os gastos das actividades da POI de Galicia ao longo dos anos.