Portada » A Plataforma » Transparencia » Canle ética
A canle ética é unha ferramenta de prevención, transparencia e mellora continua, coherente cos valores da POIG e co noso compromiso coa protección dos dereitos da infancia e da adolescencia.
Animamos a todas as persoas que detecten posibles irregularidades a que as comuniquen a través deste canal, coa garantía de confidencialidade e sen medo a represalias.
A través deste canal pódese:
Neste espazo podes comunicar de forma confidencial e, se o desexas, anónima, feitos que poidan supoñer un incumprimento da legalidade vixente, da normativa interna da POIG ou dos principios éticos que rexen a nosa actividade
Ao enviar unha comunicación, recibirás un código/token. Gárdao, xa que permite facer seguimento da túa comunicación e recibir respostas de forma segura.
Garantías das nosas comunicaciones:
Para calquera outra consulta, dúbida ou reunións verbais, podes contactar coa persoa Responsable do Sistema: secretariatecnica@infanciagalicia.org
Se xa realizaches unha comunicación con anterioridade, poderás consultar o seu estado (recepción, tramitación ou peche), sempre que iso non comprometa a confidencialidade do procedemento.