Publicacións

Repositorio documental da POIG. Aquí podes consultar e descargar informes, posicionamentos e outros documentos elaborados ou impulsados pola Plataforma.

Informes e posicionamentos

Os dereitos da infancia e adolescencia en Galicia 2026

Análise sobre a situación dos dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia, cos principais retos, necesidades e propostas identificadas desde o traballo das entidades sociais.

Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia

Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia en Galicia, con datos do ano 2024 sobre pobreza, exclusión social e condicións de vida dos fogares con nenos, nenas e adolescentes.

Medidas urxentes de apoio as familias monoparentais

Propostas urxentes de apoio ás familias monoparentais en Galicia, elaboradas por EAPN Galicia e a POIG para visibilizar as súas necesidades e reclamar medidas de protección social, económica e institucional.

Posicionamento sobre a acollida de NNA migrantes non acompañados

Posicionamento da Plataforma sobre a acollida de nenos, nenas e adolescentes migrantes non acompañados, cun enfoque centrado nos seus dereitos, na protección, na dignidade e na garantía dunha atención integral.

Outros recursos

Dossier de Benvida

Documento de acollida para coñecer a Plataforma, a súa estrutura, liñas de traballo, espazos de participación e funcionamento básico.

Priorización de propostas Redeir@s

Documento que recolle as propostas do grupo de participación Redeir@s, achegando a mirada, preocupacións e demandas de nenos, nenas e adolescentes participantes.

Coñecer para protexer

Guía e recursos para avanzar na protección da infancia e da adolescencia fronte á violencia, desde un enfoque de dereitos e bo trato.

Materiais didácticos

Recursos descargables para traballar os dereitos da infancia e da adolescencia con nenos, nenas e adolescentes en espazos educativos, sociais e comunitarios.