Nova edición “Sementando Educación”

O Concello da Coruña, coa colaboración da Fundación EDUCO, abre o prazo de inscrición comeza unha nova edición do programa de participación infantil "Sementando Educación"

O Concello da Coruña, coa colaboración da Fundación EDUCO, comeza unha nova edición do programa de participación infantil “Sementando Educación”.

O obxectivo do proxecto é a de xerar un proceso de participación infantil na área Metropolitana da Coruña, mediante o profesorado e alumnado de 5º e 6º de Educación Primaria.

O programa consistirá nun obradoiro de formación para o profesorado. Ademáis, traballarase co alumnado a través de cinco talleres de 50 minutos.

A formación do profesorado será de 4 h nun día ou 2 h en dous días. Formarase un só grupo con todo o profesorado participante e desenvolverase pola semana. 

A única condición indispensable é que interveña no proxecto cando menos un profesor ou unha profesora por grupo.

Cada un deles finalizará cun evento final para todo o alumnado participante. 

Finalmente, esta proposta ofrécese para traballar de maneira presencial nas aulas ou a distancia, a través de sesións en liña. Tamén se poderá implementar de forma mixta, intercalando sesións presenciais con sesións de traballo a distancia. 

Os prazos cos que conta o programa son os seguintes:

  • Inscricións: dende o 5 ao 23 de outubro.
  • Desenvolvemento do programa: dende o 15 de outubro ao 31 de decembro.

Para máis información sobre o programa ou inscricións á nova edición “Sementando Educación”, premer aquí.

Compartir
Tabla de contidos