Educo pide que se valore a participación infantil

Para Educo participación infantil e educación son dereitos fundamentais.

Cando Educo fala de educación está a pensar en reforzar as infraestruturas que existen en cada país para obter unha educación de calidade e gratuita.

Así para Educo a educación é un dereito habilitador dos demais dereitos. Sen educación a Infancia non vai poder estar en disposición de defender os seus outros dereitos: como o dereito a ter un nome, á participación infantil…

No noso país se supone que todos temos garantizada unha educación gratuita e de calidade. Pero despois da crise os recortes se fixeron en educación e saúde. Así que nesta entidade destacan o risco real de que se pare ese ascensor social que é para a infancia a educación.

Becas comedor

En Educo apostan polas Becas comedor. É certo que as axudas das administracións non chegan a todos por iso hai que apoiar ás familias para que estén en disposición de cubrir o dereito da infancia a unha alimentación saudable, comenta Mónica Viqueira, delegada territorial de Educo en Galicia.

Tamén o comedor escolar é para Educo un espazo educativo.

“Sembrando participación”

Ademais de becas comedor Educo traballa outros aspectos complementarios á educación. Por exempo: o proyecto “Sembrando participación” co concello de A Coruña que buscar acercar os dereitos da Infancia o alumnado coruñés.

En concreto, o dereito á Participación infantil, xa que a infancia está a facer un exercicio democrático que a forma para o futuro cando teña que exercer o seu dereito ao voto.

“Campaña mundial pola Educación”

Ademais Educo, en colaboración con outras organizacións, está a traballar o proxecto “Campaña mundial pola Educación” . Se trata dun proxecto internacional que en Galicia se leva a cabo coa financiación da Xunta de Galicia desde fai uns 10 anos.

Esta campaña permite que as entidades traballen nos centros educativos o dereito á educación e as diferentes situacións que poden darse neste contexto.

Dereito a Participación infantil

Mónica Viqueira recorda que cando empezaron a traballar o dereito a participación infantil invitaban a infancia a observar a súa contorna ea reflexionar. Di que chamaba á atención que os nenos, nenas e adolescentes identifican as mesmas situacións que indentificaba calquera adulto.

A Infancia lle preocupa máis aló do seu propio benestar. Unha parte importante pensa no resto de cidadáns, tamén nos máis vulnerables. A Infancia ten unha mirada global como calquera adulto

O Dereito á participación infantil precisa da vontade política. Hai que motivar a participación infantil, habilitar espazos periódicos de consulta a nenos e nas, pensar en planes concretos de infancia e adolescencia…

Porque ademais coidar este dereito á participación é tamén unha ferramenta para defender outros dereitos da Infancia.

A Educo gustaríalle comprobar cómo as curriculas comenzan a ter en conta o benestar e dereitos da Infancia, que se lles ten en conta e que se valora a súa opinión. Porque os nenos, nenas e adolescenten teñen moito que decir.

Compartir
Tabla de contidos