Nenos e nenas migrantes non acompañados – «Más allá de la supervivencia»
UNICEF
2020
Este informe recolle as conclusións principais do taller internacional ‘Nenos e nenas non acompañados e separados que quedan fóra do sistema de protección, en especial os que viven na rúa’, que se celebrou en Madrid en decembro de 2019, organizado por UNICEF España e UNICEF Francia.
O documento persegue propoñer un modelo de intervención integrativo para o coidado e protección de nenos e nenas non acompañados e separados que viven na rúa, proporcionando exemplos de prácticas positivas en varios países europeos, e propoñendo a construción dunha nova narrativa con e sobre eles.