POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Canle ética
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Canle ética
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S
Membros

50 aniversario do 1º Congrego Internacional Xitano

7 abril, 2021
By POIG
0 Comment
1862 Views

O 8 de abril de 1972 se instituíron a bandeira e o himno do pobo xitano.

Cada 8 de abril celébrase o Día Internacional do Pobo Xitano para lembrar o I Congreso Mundial xitano que tivo lugar en Londres no ano 1971. Neste Congreso instituíronse a bandeira e o himno xitanos.

Con este motivo, Fundación Secretariado Xitano Galicia ven de facer esta declaración institucional:

«Celebramos un ano máis o 8 de abril, Día Internacional do Pobo Xitano.

Unha celebración marcada este ano polo 50º aniversario do 1º Congreso Mundial Xitano, celebrado en Londres, no que se adoptaron os símbolos propios do Pobo Xitano: a bandeira azul e verde cunha roda vermella, e o himno Gelem, Gelem.

En España tivemos que esperar moitos anos para avanzar no recoñecemento institucional. A pedimento do Congreso dos Deputados, o Goberno de España recoñeceu en 2018 o 8 de abril como Día do Pobo Xitano, así como o uso da bandeira e o himno xitanos.

Afortunadamente cada vez máis institucións e persoas súmanse ano a ano a esta celebración nun xesto simbólico de recoñecemento a unha identidade cultural e a unha historia e cultura apenas coñecida pola maioría da nosa sociedade.

Unha historia de resistencia marcada polas persecucións, o rexeitamento e a discriminación, pero tamén por xitanos e xitanas que contribuíron desde distintos ámbitos ao desenvolvemento cultural, artístico, social e económico do noso país.

Un motivo de celebración é que por fin veremos a historia e a cultura do Pobo Xitano nas escolas, como parte do currículo educativo. A nova Lei de Educación, aínda que tarde, vén reparar dalgunha maneira unha inxustiza secular: a invisibilidade do Pobo Xitano na traxectoria histórica do noso país.

Esta celebración do 50º aniversario chega tras máis dun ano de pandemia, e este Día do Pobo Xitano queremos que sexa tamén unha sentida homenaxe para todas aquelas persoas que perdemos neste último ano, moi especialmente unha homenaxe ás persoas xitanas maiores, piar fundamental das familias, homes e mulleres de respecto, que souberon transmitir ás distintas xeracións os valores e o orgullo da identidade xitana.

Pero a crise sanitaria que vivimos neste último ano non só levouse a moitos dos nosos seres máis queridos, senón que trouxo consigo un agravamento das condicións sociais e económicas para aquelas familias xitanas que xa estaban en situación de pobreza e exclusión social.

Impediulles gañarse a vida a través da venda ambulante ou víronse expulsados dun mercado laboral que viven desde a precariedade.

O alumnado xitano, xa por detrás da media, viuse en gran medida relegado pola dixitalización do ensino. A crise foi especialmente dura para quen aínda viven en asentamentos e barrios moi vulnerables.

E non podemos esquecer que o rexeitamento e a discriminación, e especialmente o discurso de odio en redes, cebouse coa comunidade xitana durante a pandemia, sinalándoa moitas veces como foco de transmisión ou como non cumpridora das normas.

E é que nisto pouco cambiaron as cousas, a pesar dos avances, os xitanos e xitanas seguen estando por detrás e a gran distancia do resto da sociedade no goce de dereitos fundamentais como o emprego decente, educación de calidade, unha vivenda digna ou o dereito á non discriminación.

O recoñecemento institucional do Pobo Xitano, pero tamén a garantía da igualdade de oportunidades e de trato para os xitanos e xitanas, debe ser un compromiso efectivo dos poderes públicos na celebración deste 50º aniversario da instauración do Día do Pobo Xitano.

Un compromiso que, nesta etapa de reconstrución e recuperación do país tras a crise provocada polo Coronavirus, debe traducirse en medidas concretas para reducir a desigualdade, loitar contra a discriminación, e avanzar en dereitos e cidadanía do Pobo Xitano.

Non esperemos outros 50 anos para reparar esta inxustiza histórica».

Tags: infancia galicia Plataforma Infancia Galicia Xunta de Galicia

Previous Story
A educación dixital durante a pandemia non é o método que máis está a favorecer o dereito á Educación
Next Story
#emerXenciaSOLIDARIA pola Infancia

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • Cambios no certificado de familia monoparental en Galicia: máis vixencia, menos trámites e formato dixital miércoles, 14, Ene
  • Cara unha contorna dixital segura: directrices europeas para protexer a nenos, nenas e adolescentes miércoles, 7, Ene
  • A aplicación da LOPIVI segue sendo un reto catro anos despois da súa aprobación viernes, 19, Dic
  • Actos descentralizados polo Día da Infancia en Galicia, construíndo espazos para infancia e adolescencia lunes, 24, Nov
  • Declaración institucional do Parlamento de Galicia polo Día mundial da Infancia 2025 viernes, 21, Nov

Comentarios recientes



    Dirección: Belvís, 2 15703 Santiago de Compostela
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: secretariatecnica@infanciagalicia.org

    Colabora

    Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

    Aviso de cookies
    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    miércoles, 14, Ene
    Cambios no certificado de familia monoparental en Galicia: máis vixencia, menos trámites e formato dixital
    miércoles, 7, Ene
    Cara unha contorna dixital segura: directrices europeas para protexer a nenos, nenas e adolescentes
    viernes, 19, Dic
    A aplicación da LOPIVI segue sendo un reto catro anos despois da súa aprobación
    lunes, 24, Nov
    Actos descentralizados polo Día da Infancia en Galicia, construíndo espazos para infancia e adolescencia
    viernes, 21, Nov
    Declaración institucional do Parlamento de Galicia polo Día mundial da Infancia 2025
    jueves, 20, Nov
    Nenas, nenos e adolescentes galegos toma a palabra no Día dos Dereitos da Infancia

    Welcome back,