Exposición «Tecedoras do cambio»
A Fundación Tierra de Hombres Galicia participa na exposición «Tecedoras do cambio»
A exposición forma parte do programa de sensibilización Compostela+Solidaria, unha iniciativa da Coordinadora Galega de ONGD e o Concello de Santiago de Compostela. «Tecedoras do cambio» conta tamén coa colaboración da Asociación Comercio Punto Compostela e outras ONGs de Galicia.
Neste senso, a exposición pode visitarse ata o 15 de outubro en distintos comercios de Compostela. O espectador pode conectar a través de 20 imaxes de mulleres de 13 países que loitan polo dereito básico a ter unha vida digna.
Aclarar que estas mulleres participan en procesos de desenvolvemento das súas comunidades xunto a organizacións locais e ONGs galegas: son activistas, mariscadoras, defensoras de dereitos, promotoras de saúde, mediadoras de conflictos…
Aminetou Mint El-Moctar
Aminetou Mint El-Moctar, activista mauritana defensora dos dereitos das mulleres é un referente para Tierra de Hombres. Foi preseleccionada para o Premio Nobel da Paz en 2015. Pronunciouse contra os matrimonios arreglados, especialmente da práctica cultural de alimentar ás mozas á forza para que engorden e preparalas así para o matrimonio.
Doutra banda, o traballo de Aminetou pode visitarse na Floristería Embora, en Rúa de San Pedro, 65.