Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección

Nos últimos tempos existe unha crecente aparición de nenos, nenas e adolescentes (NNA) do sistema de protección con sintomatoloxía relacionada con problemas na saúde mental. Neste senso, as entidades da POIG localizan as seguintes carencias propoñendo melloras para o seu benestar en saúde mental e emocional.

Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia

Xuño 2022

Nos últimos tempos existe unha crecente aparición de nenos, nenas e adolescentes (NNA) do sistema de protección con sintomatoloxía relacionada con: conductas aditivas, condutas autolesivas, condutas suicidas, trastornos do estado de ánimo (ansiedade, depresión…), e déficit de atención, control de impulsos e hiperactividade, entre outras.
Neste senso, as entidades que traballan cos nenos, nenas e adolescentes dos recursos de protección da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, localizan as seguintes carencias propoñendo melloras para o seu benestar en saúde mental e emocional.

Compartir
Tabla de contidos