Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026
Un ano máis, e con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, que terá lugar na semana do 20 de novembro, a Plataforma de Infancia impulsa o proceso participativo “Dereitos á acción”, promovido en Galicia pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), en colaboración coa Xunta de Galicia.
Este proceso busca que nenos, nenas e adolescentes de entre 6 e 17 anos poidan reflexionar, opinar e facer propostas sobre o cumprimento dos seus dereitos segundo a Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).
Os dereitos protagonistas deste ano
Baixo o lema #DereitosÁAcción, nesta edición traballaranse tres dereitos escollidos previamente pola propia infancia e adolescencia:
- Dereito á saúde
- Dereito á igualdade e á non discriminación
- Dereito á protección fronte á violencia
Co obxectivo de facilitar os espazos de reflexión e participación, deseñáronse diferentes actividades adaptadas a tres tramos de idade:
- De 6 a 8 anos
- De 9 a 12 anos
- De 13 a 17 anos
Os materiais inclúen propostas prácticas, preguntas para o debate e recursos de apoio para profesionais e equipos educativos.
Quen pode participar?
Poden participar grupos de nenos, nenas e adolescentes pertencentes a:
- Centros educativos
- Asociacións
- ONG
- Colectivos
- Outras entidades sociais
Prazos e información clave
Inscricións
O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de setembro de 2026.
Formacións para equipos educativos
Durante os meses de maio e xuño organizaranse webinars formativos para presentar os materiais e resolver dúbidas sobre o desenvolvemento das actividades.
Materiais e actividades
As actividades poderán realizarse entre os meses de maio e outubro empregando os materiais dispoñibles na web oficial.
➡️ Guía Día da Infancia 2026 (PDF)
Envío de conclusións
A data límite para remitir as conclusións será o 18 de outubro de 2026.
➡️ Formulario de envío de conclusións
Acto Central do Día da Infancia
Os grupos participantes terán a posibilidade de asistir ao Acto Central conmemorativo do Día da Infancia, que terá lugar na semana do 20 de novembro, onde poderán compartir as súas propostas e demandas cos responsables das políticas de infancia da Xunta de Galicia.
Máis información
Para resolver calquera dúbida ou solicitar máis información sobre o proceso en Galicia, podedes contactar coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ou no mail de participacion@infanciagalicia.org
