A POIG celebrou o Día da Infancia en toda Galicia
A Plataforma de Infancia de Galicia conmemorou, ademais de a través do Acto Central polo Día da Infancia, mediante varios actos descentralizados por toda Galicia ao longo de toda a semana.
O 20 de novembro, Día Internacional dos Dereitos da Infancia e Adolescencia, rememórase a firma da Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas, a cal supuxo un fito ao establecer os dereitos inalienables de todos os nenos, nenas e adolescentes, pero tamén as obrigacións dos poderes públicos e da sociedade en conxunto para garantilos.
Comezamos o 16 de novembro cun acto no que o Centro de Desenvolvemento Rural Portas Abertas, de Verín, realizaron cos nenos e nenas cos que traballan.
Elas e eles divertíronse traballando sobre os seus dereitos e lendo o manifesto realizado polo Grupo de Participación Infantil e Adolescente da POIG.
Desta forma a entidade quere dar a voz á infancia do medio rural, para que non vexan mermados os seus dereitos.


O 19 de novembro a Asociacion Xuvenil Amencer da Federación Don Bosco, a Fundación Meniños e o Grupo Scout ILEX 695 da Federación ASDE Scouts de Galicia, reuníronse no Espazo Xove na cidade de Ourense para celebrar o Día da Infancia.
No acto nenas e nenas tomaron a palabra para ler algúns dos seus dereitos, así como o contido do “Manifesto Día da Infancia 2022” ao cal se sumou a Fundación Diagrama.
Podedes atopar a lectura do manifesto aquí.

O día 20 de novembro a Fundación SALMA, para a mellora da saúde mental de Galicia, presentou o vídeo para conmemorar o Día da Infancia.
No mesmo, diversas personalidades do cine e do deporte colaboraron explicando a importancia de mellorar en recursos e en atención á saúde mental da infancia e adolescencia galega:
- Antonio Resines
- Antón Reixa
- Sergio Pazos
- Clube Deportivo de Fútbol da Coruña
- Hockey Clube Deportivo Liceo
- Isabel Risco
«La administración Pública tiene que proveer los recursos necesarios, para que cuando se decidan a dar el paso y pedir ayuda, encuentren esa ayuda al otro lado. Se necesitan más medios y recursos en salud mental. No es responsable ni ético pedirles que salten al vacío»
O mesmo día 20 de novembro desde o Grupo Scouts Khanhiwara de Santiago de Compostela da Federación Scout de Galicia – ECG, festexaron o Día da Infancia mediante a realización de actividades nas que realizaron e colorearon unha pancarta para darlle voz aos seus dereitos.


O 20 de novembro, o Centro O Seixo da Fundación Aldaba divertíronse facendo as actividades propostas pola POIG cos máis pequenos e adolescentes.
A través dun xogo de mímica puideron coñecer máis sobre os deus dereitos e pasar un pato divertido sen esquecer a importancia deste día.

Desde o Centro de Desenvolvemento Rural O Viso de Xinzo de Limia organizaron diversas accións para conmemorar este día.
Os mozos e mozas do IES Xinzo realizaron unha actividade para que os adolescentes coñezan sobre os seus dereitos.


Adicionalmente, desde o CDR O Viso teñen programadas cos colexios da zona as seguintes actividades:
- Os nenos e nenas do CEIP Carlos Casares están á espera de que mellore o tempo para realizar unha andaina en favor dos dereitos da infancia.
- Os alumnos e alumnas do CEIP Rosalía de Castro teñen prevista a actividade «O Concello que queremos», onde os nenos e nenas amosarán as súas propostas para unha mellora no concello no que residen.
Agradecer a todas as entidades que participaron nos actos descentralizados polo Día da Infancia de POIG, por facilitar a participación da infancia e adolescencia galega e por facer chegar a todas as zonas de Galicia os dereitos dos nenos, nenas e adolescentes.
A POIG é unha asociación conformada por 37 entidades da comunidade, sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia, para protexer e promocionar os seus dereitos fundamentais. O seu interese é incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situación que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.