POIG
  • Menú
    • Novas
    • Incidencia
    • Recursos
    • Dereitos da infancia
      • Convención sobre os dereitos do neno
        • Convención sobre Os Dereitos do Neno – Texto oficial
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 6 a 8 anos
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 9 a 12 anos
        • Convención Dereitos do Neno adaptada para 13 a 17 anos
      • Protocolos facultativos da Convención sobre os Dereitos do Neno
        • Relativo a un procedemento de comunicacións
        • Relativo á venda de nenos, á prostitución infantil e á utilización de nenos na pornografía
        • Relativo á participación de nenos nos conflitos armados
    • BIBLIOTECA ONLINE
    • Participación
    • Faite Socio
    • Contacto
    • Obxectivos
    • Quen Somos
POIG
  • QUEN SOMOS
    • Presentación
    • OBXECTIVOS
    • MEMBROS
      • ENTIDADES
      • QUE FAN
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • ESTATUTOS
      • Regulamento de réxime interno
      • Plan de acción
      • Plan de voluntariado
      • Plan de igualdade
      • Memorias de actividades
  • QUE FACEMOS
    • INCIDENCIA POLÍTICA
      • DOCUMENTO PROPOSTAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2020
      • RESUMO PROPOSTAS ELECCIÓNS AUTONÓMICAS 2020
      • MEDIDAS COVID-19
    • PARTICIPACIÓN INFANTIL
    • Traballo en red
  • NOVAS
    • Actualidade
  • RECURSOS
    • Convencións sobre os dereitos do neno
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • REDEIR@S
Dereitos da infancia, Novas, Participacion, Participación infantil

A infancia galega alza a voz polo Día Universal dos Dereitos da Infancia

22 noviembre, 2022
By POIG
0 Comentario
488 Views

O 21 de novembro a POIG celebrou o Acto Central polo Día Universal dos Dereitos da Infancia coa Consellería de Política Social da Xunta no Centro Galego de Arte Contemporáneo (CGAC), con douscentos nenos e nenas de toda Galicia.

No acto, diferentes grupos de nenos e nenas de toda Galicia expuxeron as súas demandas en forma de dereitos aos responsables das políticas de infancia, dentro do proceso participativo que este ano leva o lema de «Participamos: É o noso dereito!» 

Inicio do acto

O acto, presentado por Aroha e Matteus do Colexio Carmelitas de Ourense, comezou coas intervencións de Xesús Vilas, Presidente da POIG, quen foi a voz dos nenos e nenas do Grupo de Participación Infantil e Adolescente da plataforma lendo o manifesto realizado por eles e elas.

A continuación Cristina Blanco, Subdirectora Xeral de Política Familiar, Infancia e Adolescencia, agradeceu a asistencia dos e das nenas asistentes, resaltando a importancia da Participación como dereito primordial e anunciando a posta no Portal de Transparencia da Xunta do Proxecto de decreto polo cal se crea e regula o Consello Autonómico de Infancia e Adolescencia.

Presentación de Cristina Blanco

Xusto antes do inicio das intervencións dos grupos de nenos e nenas, a Pianoma Music School colaborou mediante diferentes contos con música «Los elefantes y las tortugas» y «El cuco», amenizando os dereitos que a infancia presente escolleu para presentar.

Pianoma Music School

As intervencións contaron co vídeo da Fundación Secretariado Gitano de Pontevedra, no que presentaron o proceso participativo polo Día da Infancia. No mesmo, nenos e nenas da fundación, así coma os seus pais, resaltaron a importancia da participación. Ademais, resaltaron que debe ser realizada en igualdade de condicións para todas as nenas e nenos.

O CPR A Inmaculada Maristas de Lugo iniciaron as presentacións mediante un vídeo e a súa explicación, recalcando a importancia de que aos nenos e nenas se lles escoite. Dar a voz á infancia é importante e a xente adulta non sempre é consciente desta necesidade para mellorar o benestar da infancia.

Presentación do Colexio A Inmaculada Maristas

A continuación, a Asociación Amencer de ASPACE elexiron como dereitos para expoñer o dereito ao xogo e o dereito á intimidade.

Mediante vídeos e con posterioridade exemplificando a existencia de diferentes formas e linguaxes para que os nenos e nenas poidan comunicarse, amosaron a importancia do xogo e o dereito á intimidade. É necesario que elas e eles poidan elexir as persoas que desexen que as coiden, por exemplo «teñen dereito a elexir con quen queren ir ao baño».

Presentación da Asociación Amencer – ASPACE

O CPR Plurilingüe Luis Vives de Ourense continuou o acto explicando a importancia da non violencia e acoso escolar.

Mediante unha presentación, a proxección dunha entrevista realizada con anterioridade pola TVG ao centro sobre educar na non violencia, e mediante a canción Se buscan valientes, amosaron a importancia deste dereito.

Presentación do Colexio Luis Vives

A continuación o CPI Plurilingüe Virxe da Cela de Monfero, mediante a coordinación e as actividades realizadas desde Ayuda en Acción, proxectaron un vídeo no cal explicaron o dereito á igualdade e a non discriminación, ademais, non quixeron perder a oportunidade de subir a explicar o seu significado.

Tampouco quixeron pasar por alto a importancia de que ningún neno ou nena se sinta discriminad@ polo feito de selo.

Presentación do Colexio Virxe da Cela

Continuaron os rapaces e rapazas o Colexio Plurilingüe Santa Teresa de Jesús – Carmelitas de Ourense, explicando o dereito á educación.

Mozos e mozas foron subindo ao escenario explicando a importancia de cada palabra iniciada coas iniciais da palabra EDUCACION.

Presentación do Colexio Carmelitas

Para finalizar o acto o CEIP Labarta Pose de Zas, coordinados e mediante as actividades realizadas polo Día da Infancia desde Ayuda en Acción, quixeron facer fincapé na importancia de que todos os nenos e nenas teñan acceso á educación. Para iso, proxectaron un vídeo no que mozos e mozas do colexio contan a historia de «O neno dos pasos tristes».

Vídeo do Colexio Labarta Pose

Xa para finalizar, Cristina Blanco, Xesús Vilas e os douscentos nenos, nenas e adolescentes asistentes ao acto, subiron ao escenario a realizar unha foto colectiva que lles lembre este día.

Nenos, nenas e adolescentes asistentes ao Día da Infancia 2022

Non quixeron perderse o acto entidades pertencentes á plataforma, que tamén foron partícipes das demandas achegadas desde os diferentes grupos de infancia e adolescencia galega.

Consellería de Política Social e entidades da POIG

Con este acto danse por finalizadas as accións presenciais do proxecto “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”, apoiado desde a Consellería de Política Social.

Grazas a todas e a todos por participar!!

A POIG é unha asociación conformada por 37 entidades da comunidade, sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia, para protexer e promocionar os seus dereitos fundamentais. O seu interese é incrementar o benestar da infancia, denunciar e facer seguimento das situación que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.

.

Tags: 20N Día da infancia infanciagalicia

Anterior
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia celebra o Día Universal polos Dereitos da Infancia
Siguiente
A POIG celebrou o Día da Infancia en toda Galicia

Artículos Relacionados

Sistematización 2022

Sistematización conclusións “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”

Queremos a través de este documento sistematizador, trasladar as aportacións...

día da infancia

A POIG celebrou o Día da Infancia en toda Galicia

A Plataforma de Infancia de Galicia conmemorou, ademais de a...

Entradas recientes

  • Sistematización conclusións “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos” jueves, 26, Ene
  • Educo denuncia que no 2022 a axuda destinada á educación en países con crises humanitarias só cubríu o 28,9% das necesidades martes, 24, Ene
  • A POIG celebrou o Día da Infancia en toda Galicia martes, 22, Nov
  • A infancia galega alza a voz polo Día Universal dos Dereitos da Infancia martes, 22, Nov
  • A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia celebra o Día Universal polos Dereitos da Infancia miércoles, 16, Nov

Comentarios recientes

  • Brandondip en A POIG traslada a escena das municipais propostas para mellorar a situación da infancia galega
  • HansClext en A POIG traslada a escena das municipais propostas para mellorar a situación da infancia galega
  • MichaelMug en A POIG traslada a escena das municipais propostas para mellorar a situación da infancia galega
  • Jamescab en A POIG traslada a escena das municipais propostas para mellorar a situación da infancia galega
  • BrandenGed en A POIG traslada a escena das municipais propostas para mellorar a situación da infancia galega

FINANCIA:

COLABORA:

Dirección: Belvís, 2 15703 Santiago de Compostela
Teléfono: 747 491 242
E-Mail: poig@infanciagalicia.org

Copyright ©2019 Created by PEstudio

Este sitio web utiliza cookies para que usted tenga la mejor experiencia de usuario. Si continúa navegando está dando su consentimiento para la aceptación de las mencionadas cookies y la aceptación de nuestra política de cookies, pinche el enlace para mayor información. Mas Información ACEPTAR

Aviso de cookies
SearchPostsLogin
jueves, 26, Ene
Sistematización conclusións “Dereitos da Infancia: aprenden e participan nos seus dereitos”
martes, 24, Ene
Educo denuncia que no 2022 a axuda destinada á educación en países con crises humanitarias só cubríu o 28,9% das necesidades
martes, 22, Nov
A POIG celebrou o Día da Infancia en toda Galicia
martes, 22, Nov
A infancia galega alza a voz polo Día Universal dos Dereitos da Infancia
miércoles, 16, Nov
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia celebra o Día Universal polos Dereitos da Infancia
martes, 21, Jun
Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección

Welcome back,