Idioma |
INFANCIA
PRIORIDADE

Que a infancia sexa unha prioridade real

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia impulsa #InfanciaPrioridade para situar os dereitos e as necesidades da infancia e da adolescencia no centro das políticas públicas galegas.

CONSULTA O MANIFESTO

Por que nace #InfanciaPrioridade?

As 52 entidades da POIG unimos as nosas reivindicacións nun manifesto colectivo que esixe recursos, compromisos concretos e medidas para facer fronte ás desigualdades que afectan á infancia e á adolescencia en Galicia.

68.000

Nenas, nenos e adolescentes en risco de pobreza ou exclusión social en Galicia.

19,3 % da poboación infantil e adolescente

Sete prioridades
Unha reivindicación común

O manifesto recolle sete ámbitos de actuación e propostas concretas para avanzar na garantía dos dereitos da infancia e da adolescencia.

01

Dereitos con garantías

Lei Galega de Infancia e Adolescencia, datos públicos e gobernanza.

02

Ningunha infancia en pobreza

Renda, vivenda pública e apoio ás familias.

03

Contornas seguras

Prevención da violencia e protección na era dixital.

04

Un sistema de protección centrado nos dereitos e nos vínculos

Preservación familiar, acollemento e atención individualizada.

05

Saúde mental e benestar

Prevención, detección temperá e atención accesible.

06

Equidade educativa

Inclusión, apoios e igualdade de oportunidades.

07

Participación real

Escoitar, incorporar propostas e render contas.

Por unha Galicia que protexa, escoite e garanta os dereitos de toda a infancia e adolescencia

O manifesto demanda ás administracións públicas actuacións concretas, financiamento suficiente, responsabilidades definidas e seguimento dos resultados.

Identidade da campaña Infancia Prioridade

Infancia Prioridade: polo benestar e a protección da infancia e da adolescencia en Galicia

Consulta o manifesto completo coas sete reivindicacións e as propostas das entidades da POIG.

DESCARGAR O MANIFESTO (PDF)