Canle ética

A canle ética é un sistema de comunicación confidencial da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), dirixido a persoas traballadoras, entidades membro, persoas colaboradoras, provedoras ou calquera terceira persoa relacionada coa actividade da Plataforma.
Participación Infantil

Para que sirve a canle ética da POIG?

A canle ética é unha ferramenta de prevención, transparencia e mellora continua, coherente cos valores da POIG e co noso compromiso coa protección dos dereitos da infancia e da adolescencia.

Animamos a todas as persoas que detecten posibles irregularidades a que as comuniquen a través deste canal, coa garantía de confidencialidade e sen medo a represalias.

A través deste canal pódese:

  • Comunicar feitos que poidan supoñer infraccións legais ou incumprimentos da normativa interna.
  • Alertar sobre posibles irregularidades na xestión ou uso de fondos públicos ou europeos.
  • Trasladar situacións contrarias aos principios éticos da POIG.
  • Formular consultas relacionadas co Código Ético ou co propio funcionamento do canal.

Nova comunicación

Neste espazo podes comunicar de forma confidencial e, se o desexas, anónima, feitos que poidan supoñer un incumprimento da legalidade vixente, da normativa interna da POIG ou dos principios éticos que rexen a nosa actividade

Sobre as comunicaciones

Ao enviar unha comunicación, recibirás un código/token. Gárdao, xa que permite facer seguimento da túa comunicación e recibir respostas de forma segura.

Garantías das nosas comunicaciones:

  • Confidencialidade absoluta da identidade da persoa informante.
  • Posibilidade de comunicación anónima.
  • Prohibición total de represalias.
  • Tratamento independente e imparcial das comunicacións.

Para calquera outra consulta, dúbida ou reunións verbais, podes contactar coa persoa Responsable do Sistema: secretariatecnica@infanciagalicia.org

    Por favor, utiliza este formulario para comunicar de forma confidencial e, se o desexas, anónima, calquera incidencia ou irregularidade que detectes relacionada coa actividade da POIG.









    Seguimiento da comunicación

    Se xa realizaches unha comunicación con anterioridade, poderás consultar o seu estado (recepción, tramitación ou peche), sempre que iso non comprometa a confidencialidade do procedemento.