Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026

Aberto o prazo para participar no Día da Infancia 2026 baixo o lema #DereitosÁAcción. Participarán nenos, nenas e adolescentes de 6 a 17 anos.

Un ano máis, e con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, que terá lugar na semana do 20 de novembro, a Plataforma de Infancia impulsa o proceso participativo “Dereitos á acción”, promovido en Galicia pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG), en colaboración coa Xunta de Galicia.

Este proceso busca que nenos, nenas e adolescentes de entre 6 e 17 anos poidan reflexionar, opinar e facer propostas sobre o cumprimento dos seus dereitos segundo a Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).

Os dereitos protagonistas deste ano

Baixo o lema #DereitosÁAcción, nesta edición traballaranse tres dereitos escollidos previamente pola propia infancia e adolescencia:

  • Dereito á saúde
  • Dereito á igualdade e á non discriminación
  • Dereito á protección fronte á violencia

Co obxectivo de facilitar os espazos de reflexión e participación, deseñáronse diferentes actividades adaptadas a tres tramos de idade:

  • De 6 a 8 anos
  • De 9 a 12 anos
  • De 13 a 17 anos

Os materiais inclúen propostas prácticas, preguntas para o debate e recursos de apoio para profesionais e equipos educativos.

Quen pode participar?

Poden participar grupos de nenos, nenas e adolescentes pertencentes a:

  • Centros educativos
  • Asociacións
  • ONG
  • Colectivos
  • Outras entidades sociais

Prazos e información clave

Inscricións

O prazo de inscrición permanecerá aberto ata o 15 de setembro de 2026.

➡️ Formulario de inscrición

Formacións para equipos educativos

Durante os meses de maio e xuño organizaranse webinars formativos para presentar os materiais e resolver dúbidas sobre o desenvolvemento das actividades.

➡️ Inscrición aos webinars

Materiais e actividades

As actividades poderán realizarse entre os meses de maio e outubro empregando os materiais dispoñibles na web oficial.

➡️ Guía Día da Infancia 2026 (PDF)

Envío de conclusións

A data límite para remitir as conclusións será o 18 de outubro de 2026.

➡️ Formulario de envío de conclusións

Acto Central do Día da Infancia

Os grupos participantes terán a posibilidade de asistir ao Acto Central conmemorativo do Día da Infancia, que terá lugar na semana do 20 de novembro, onde poderán compartir as súas propostas e demandas cos responsables das políticas de infancia da Xunta de Galicia.

Máis información

Para resolver calquera dúbida ou solicitar máis información sobre o proceso en Galicia, podedes contactar coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ou no mail de participacion@infanciagalicia.org

Compartir
Tabla de contidos