Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, mediante a Plataforma de Infancia, e coa colaboración do Ministerio de Dereitos Sociais e a Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia, impulsa un proceso participativo para que nenos, nenas e adolescentes poidan coñecer e facer seguimento dos seus dereitos, recollidos na Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).
Este ano, o lema escollido é:
#SoyEresSomosYTenemosDerechos
Un convite a reflexionar sobre o cumprimento dos dereitos da infancia e adolescencia, e a xerar propostas que serán presentadas no acto conmemorativo do Día da Infancia 2025.
📌 Os dereitos protagonistas deste ano
As nenas, nenos e adolescentes participantes centraranse na análise e debate arredor de tres dereitos que eles e elas mesmas escolleron:
- ✨ Dereito á intimidade
- 🫂 Dereito á asociación
- 🌍 Dereito á identidade cultural
🧒🏽 Quen pode participar?
Grupos de nenas, nenos e adolescentes de entre 6 e 17 anos que formen parte de entidades sociais, asociacións, ONG ou outros colectivos que traballen con infancia e adolescencia.
Para facilitar os espazos de reflexión e a xeración de propostas, deseñáronse diferentes actividades adaptadas a tres tramos de idade; de 6 a 8 anos, de 9 a a12 e de 13 a 17 anos.
Os equipos educativos xogan un papel importante
Os equipos educativos serán os encargados de recoller, sintetizar e compartir as opinións das mozas e mozos. Para axudarlles realizaranse diferentes webinar nos que se compartirán recomendacións e materiais para participar no proceso. Para coñecer as datas de celebración e inscribirse, pódese acceder aquí.

🗓️ Calendario de participación
📍 Maio a setembro | Inscricións
- As entidades poden inscribirse ao proceso e aos obradoiros ata o 30 de setembro de 2025.
👉 Formulario de inscrición
🎓 Maio e xuño | Webinars para equipos educativos
- Seminarios online para coñecer os materiais e resolver dúbidas.
👉 Formulario de inscrición aos webinars
📚 Maio a outubro | Actividades
- Os grupos poderán traballar coas actividades propostas na web oficial.
👉 Materiais en galego (PDF)
📤 Ata o 15 de outubro | Envío de conclusións
- As conclusións recollidas deberán enviarse a través dun formulario que estará dispoñible na seguinte ligazón:
- 👉 Envío de conclusións
Para calquera dúbida, podedes trasladala ao seguinte email da Plataforma de Infancia estatal participacion@plataformadeinfancia.org Ou no caso de precisar máis información sobre accións que terán lugar en Galicia, podedes contactar coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia ao mail de participacion@infanciagalicia.org