Estrutura

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) organízase en distintos órganos e espazos de traballo que permiten unha mellor coordinación entre as entidades membro e unha acción máis efectiva na defensa dos Dereitos da Infancia.

Como se organiza a POIG

A POIG funciona como unha rede de entidades sociais que traballan de maneira coordinada para defender os dereitos da infancia e da adolescencia en Galicia.

A súa organización combina espazos de decisión, representación, coordinación técnica, traballo compartido e participación infantil e adolescente.

Asemblea Xeral

É o órgano soberano da POIG e, xunto coa Xunta Directiva, marca as liñas estratéxicas da Plataforma.

Está composta por todas as organizacións socias e os membros da Xunta Directiva. As súas decisións son de obrigado cumprimento para todos os membros.

As súas funcións principais son:

  • Definir a política xeral da POIG.
  • Aprobar a xestión da Xunta Directiva.
  • Examinar e validar memorias anuais, contas e orzamentos.
  • Avaliar propostas das entidades membro dentro do plan estratéxico e o plan operativo anual.

Xunta Directiva

A Xunta Directiva é o órgano encargado de xestionar e representar á POIG.

Está formada por representantes das entidades membro, que asumen esta responsabilidade de forma voluntaria.

As súas funcións principais son:

  • Executar os acordos da Asemblea Xeral
  • Representar institucionalmente á POIG
  • Coordinar os grupos de traballo
  • Elaborar a memoria anual de actividades e o orzamento

Mónica Viqueira Martínez

Presidencia

Fundación Educo

Victorino Escamilla Paz

Vicepresidencia

Fundación Dignidade

Julio Barreiro González

Secretaría Xeral

Asociación Arela

Xesús Vilas Otero

Tesourería

Federación Don Bosco

Andrea Rodríguez Rodríguez

Vogalía

CDR Portas Abertas

Concepción Estévez Villar

Vogalía

Asociación ASEIA

Manuel Noya Álvarez

Vogalía

Asociación Igaxes

Secretaría Técnica

Constitúe o órgano de execución das decisións da Xunta Directiva. Entre outras funcións e tarefas, a Secretaría Técnica encárgase de:

  • Atención ao público e ás entidades membro
  • Comunicación da información da POIG e das súas entidades
  • Apoio ás comisións e grupos de traballo
  • Xestión da sede social, programas e actividades
  • Relacións institucionais

Equipo actual da POIG

Inés Salteiro

Responsable da Secretaría Técnica

Carla Rodríguez

Técnica de participación infantil e comunicación

Ángel Tarrio

Técnica de incidencia política e administración

Sara Gestal

Técnica de incidencia social e comunicación

Entidades membro

A POIG está integrada por 52 entidades que comparten un compromiso firme pola defensa dos Dereitos da Infancia.

As organizacións membro poden representar á Plataforma en distintos espazos e participan activamente nos grupos de traballo. Ademais, contribúen ao desenvolvemento de proxectos, campañas de sensibilización e accións de incidencia política para mellorar o benestar da infancia e adolescencia en Galicia.

Grupos de Traballo

As entidades membro poden unirse libremente a diferentes Grupos de Traballo para colaborar en áreas específicas.

Protección á Infancia

Espazo de coordinación arredor da protección da infancia e a adolescencia, con atención ás situacións de vulnerabilidade e á defensa dos seus dereitos

Educación

Espazo de traballo orientado a analizar a realidade educativa da infancia e da adolescencia e a construír propostas desde un enfoque de dereitos, equidade, inclusión, bo trato e participación

Participación Infantil

Espazo centrado na promoción da participación de nenos, nenas e adolescentes nos procesos e decisións que lles afectan

Sistema de financiamento da Plataforma

O financiamento da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia basease nun sistema de aportación de cotas das entidades membro. As modificacións das cotas deberán ser aprobadas polas entidades membro de pleno dereito na primeira asemblea xeral anual da POIG.

Adicionalmente a POIG asina anualmente un convenio coa Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta de Galicia para o apoio ás actividades que realiza.

A plataforma conta con financiamento para os seus programas sobre participación infantil e adolescente mediante as subvencións da Consellería de Política Social e Igualdade da Xunta destinadas á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social, con cargo a la asignación tributaria do 0,7% do IRPF.

Espazos regrados da POI Estatal

A POIG tamén participa en espazos de coordinación a nivel estatal dentro da Plataforma de Infancia

Mesa Territorial

Espazo para coordinar e intercambiar información entre as plataformas territoriais de infancia e a propia Plataforma de Infancia

Foro de representantes

Espazo que se adoita reunir trimestralmente para que os representantes das entidades da POI valoren e debatan as principais accións estratéxicas da entidade