Portada » Día da Infancia 2026
Promover a participación real das nenas, nenos e adolescentes nos asuntos que lles afectan, recoñecendo a súa voz como esencial para construír unha sociedade máis xusta.
Impulsar medidas que preveñan calquera forma de violencia contra a infancia e aseguren contornas seguras, afectivas e respectuosas.
Visibilizar as situacións de vulnerabilidade que afectan á infancia e reclamar respostas que garantan igualdade de oportunidades.
Sumar esforzos entre entidades, administracións públicas, profesionais e cidadanía para mellorar a protección e o benestar da infancia en Galicia.
Dereitos á acción é un proceso para que nenas e nenos reflexionen sobre as conclusións incluídas no VII Ciclo de Revisión do noso país por parte do Comité dos Dereitos da Infancia das Nacións Unidas, ampliándoas e xerando novas propostas para avanzar no cumprimento dos seus dereitos.
Se queres participar nas actividades do Día da Infancia 2026, completa o seguinte formulario de inscrición elaborado pola Plataforma de Infancia. A través deste rexistro poderemos organizar mellor a participación das persoas, entidades e organizacións interesadas.
Para informar sobre o funcionamento do proceso aos equipos educativos, a Plataforma de Infancia prepara varios webinars nos que se explicará a guía didáctica e se ofrecerán recomendacións para levar a cabo as actividades.
Consulta toda a información sobre Dereitos á acción, os materiais, as actividades e os pasos para participar no proceso do Día da Infancia 2026.
Acceder a toda a información →A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) organiza este proceso participativo en coordinación coa Plataforma de Infancia e financiado pola Consellería de Política Social e Igualdade, no marco do proxecto «Dereitos da infancia: aprenden e participan nos seus dereitos».
Con motivo da conmemoración do Día Universal dos Dereitos da Infancia (20 de novembro), a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza un acto central autonómico para que nenas, nenos e adolescentes poidan coñecer e facer seguimento dos seus dereitos, recollidos na Convención sobre os Dereitos da Infancia (CDN).
Pode inscribirse calquera grupo de participación, organización de infancia, asociación, consello e centro educativo que traballe cun grupo de mozas e mozos con idades de 6 a 17 anos. Para os equipos educativos, ofrécense webinars informativas nos meses previos á convocatoria
Para calquera dúbida sobre o proceso podes escribir a participacion@plataformadeinfancia.org ou, para información sobre as accións en Galicia, contactar con participacion@infanciagalicia.org