Idioma |

Recomendacións para axudar á poboación ucraína

axuda ucraína

Comunicado conxunto: recomendacións para axudar á poboación ucraína de forma eficaz

A Xunta de Galicia, xunto á Fegamp, Coordinadora galega de ONGD, Farmacéuticos Mundi, Médicos del Mundo, Unicef, Cruz Vermella, Educo, Entreculturas, Acnur, Axuda en Acción, Movimiento por la Paz, El Desarme y la Libertad e Fondo Galego de Cooperación e Solidaridade, ven de publicar un comunidado con recomendacións para axudar á poboación ucraína de forma eficaz.

Se trata de unha serie de recomendacións para canalizar a axuda a cidadanía a través de doazóns económicas mediante as ongd humanitarias que traballan na zona e tamén a través de organismos humanitarios especializados.

Ademais desaconsellan as doazóns en especie.

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia é unha asociación de persoas xurídicas que actúa no territorio galego sen prexuízo de realizar actuacións estatais e internacionais a favor do bo trato á infancia e adolescencia en Galicia.

Nace para defender, protexer e promocionar os dereitos fundamentais da Infancia recollidos na Convención dos Dereitos do Neno de 1989.

O seu interese é incrementar o benestar da Infancia e denunciar e facer seguimento das situacións que vulneren os dereitos das persoas menores de idade.

Compartir
Tabla de contidos