Obxectivos

A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) ten como obxectivo xeral a protección e promoción dos Dereitos da Infancia, conforme á Convención sobre os Dereitos do Neno (1989).
01

Políticas de benestar

Impulsar as políticas xerais e sectoriais dirixidas a incrementar o benestar da infancia, en especial daqueles nenos e nenas en situacións de risco individual e social.

02

Defensa de dereitos

Denunciar e facer un seguimento de todas as situacións de vulneración dos dereitos da infancia por parte das institucións públicas, do sector privado, dos particulares, dos medios de comunicación social e/ou da opinión pública.

03

Sensibilización social

Sensibilizar á sociedade para o coñecemento e o respecto dos dereitos da infancia.

04

Diálogo institucional

Desenvolver o diálogo, a colaboración e a participación en todos aqueles organismos públicos e privados que teñen ou poidan ter influencia no benestar da infancia e na aplicación dos dereitos da infancia.

05

Participación e asociacionismo

Promocionar a participación e o asociacionismo da infancia de todas aquelas organizacións comprometidas na aplicación dos dereitos da infancia e na calidade de vida dos nenos e nenas.

 
06

Voz da infancia

Facilitar o diálogo entre organizacións de infancia de Galicia xerando presenza, opinión e participación das organizacións de infancia na realidade social; e situando á infancia como suxeito activo de dereitos segundo a Convención sobre os Dereitos do Neno.

07

Realidade da infancia

Coñecer a realidade da infancia e adolescencia na comunidade galega.

08

Coordinación entre entidades

Favorecer a coordinación entre asociacións que traballan por, para e coa infancia e adolescencia.

09

Representación institucional

Formar parte e designar representantes ante a Plataforma de Infancia de España, así como en calquera outro organismo dos que a POIG forma parte.

Nenos e nenas de costas camiñando nun campo aberto con ceo azul
Os nosos obxectivos
Defender os dereitos da infancia é unha responsabilidade compartida

Na POIG traballamos en rede para acompañar, escoitar e facer visible a realidade da nenas, nenos e adolescentes