POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Canle ética
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Igualdade
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Canle ética
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Manual de Calidade
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Igualdade
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S
Novas

Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional?

30 junio, 2026
By POIG
0 Comment
84 Views

A saúde mental da infancia e da adolescencia ocupou un lugar central no I Congreso Autonómico Os Dereitos da Infancia en Galicia. Avances, retos e propostas, onde se puxo de manifesto a necesidade de reforzar as políticas públicas destinadas á súa promoción, prevención e atención. Os datos presentados no Informe sobre os Dereitos da Infancia en Galicia alertan dunha realidade preocupante: o aumento dos diagnósticos de problemas de saúde mental, do consumo de psicofármacos e das dificultades de acceso á atención especializada entre nenos, nenas e adolescentes. Segundo a OMS, un de cada sete adolescentes de entre 10 e 19 anos padece algún trastorno mental, mentres que en España, cerca do 21% das persoas adolescentes presentan algún problema de saúde mental. Ademais, entre 2016 e 2022 duplicáronse os casos de ansiedade e as dificultades de aprendizaxe, afectando xa a tres de cada dez menores de idade.


No caso galego, a situación tamén require dunha resposta urxente. En 2023, máis de 11.300 menores de 15 anos consumiron antidepresivos ou ansiolíticos, e as prescricións en menores de 19 anos incrementáronse nun 52 % desde 2019. Estes datos evidencian a necesidade de fortalecer os recursos de atención e acompañamento, especialmente nun contexto no que continúan existindo dificultades de acceso aos servizos especializados.


Máis alá das cifras, unha das principais conclusións do encontro foi a necesidade de avanzar cara a unha visión máis ampla da saúde mental. Como destacou o psicólogo Ricardo Fandiño, non se trata só de abordar a enfermidade, senón de crear as condicións que permitan ás crianzas e ás persoas adolescentes medrar en contornas seguras, con vínculos afectivos saudables e oportunidades de participación e desenvolvemento. A saúde mental, neste sentido, constrúese na comunidade.
O congreso tamén puxo o foco na responsabilidade compartida que implica a súa promoción. A protección do benestar emocional da infancia non corresponde unicamente ao sistema sanitario, senón tamén ás administracións públicas, aos centros educativos, ás familias e ao conxunto da sociedade. Esta reflexión cobra especial relevancia nun contexto no que cada vez máis adolescentes expresan malestar emocional e no que persisten dificultades para a súa detección temperá.


Entre os retos identificados destacan a necesidade de reforzar os equipos multidisciplinares nos centros educativos, mellorar a coordinación entre os ámbitos sanitario, educativo e social, ampliar os recursos especializados e fortalecer as medidas de prevención fronte ao acoso e ao ciberacoso.


Garantir o dereito á saúde mental require actuar antes de que apareza o sufrimento máis grave, apostando por políticas que poñan no centro o benestar, os coidados e os dereitos da infancia e da adolescencia.


Previous Story
A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes
Next Story
A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego jueves, 2, Jul
  • Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional? martes, 30, Jun
  • A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes jueves, 25, Jun
  • A POIG reclama reforzar as políticas públicas de infancia ante os principais retos sociais en Galicia lunes, 15, Jun
  • Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia viernes, 12, Jun

Comentarios recientes



    Dirección: Manuel María, 6 – SALGUEIRIÑOS – 15705 – Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: secretariatecnica@infanciagalicia.org

    Colabora

    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    jueves, 2, Jul
    A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego
    martes, 30, Jun
    Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional?
    jueves, 25, Jun
    A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes
    lunes, 15, Jun
    A POIG reclama reforzar as políticas públicas de infancia ante os principais retos sociais en Galicia
    viernes, 12, Jun
    Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia
    martes, 12, May
    Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026

    Welcome back,

    Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies

    Configurar cookies

    Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.

    Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.

    Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.

    Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.