Proxecto “Referentes”: Unha man amiga para saír ao mundo

Como explican desde IGAXES, todas as persoas temos referentes, alguén que nos escoitou, que nos guiou en momentos importantes da nosa vida. Alguén que nos acompañou en situacións difíciles e que nos alentou a ser quen hoxe somos.

O Instituto Galego de Xestión para o Terceiro Sector –IGAXES-, busca voluntarios/as para unirse ao Proxecto “Referentes”.

Como explica IGAXES desde o seu proxecto, todas as persoas temos referentes, alguén que nos escoitou, que nos guiou en momentos importantes da nosa vida. Alguén que nos acompañou en situacións difíciles e que nos alentou a ser quen hoxe somos.

É habitual que esa persoa referente sexa algún membro da nosa familia. Pero, para moitas mozas e mozos tutelados, esa figura familiar non existe.

Desde IGAXES, buscan voluntarios/as para A Coruña, Lugo, Ourense, Pontevedra, Santiago de Compostela e Vigo, que desexen axudar a un mozo ou moza ser apoio familiar, para ser un punto de apoio no salto á vida adulta e lles permita realizar ese salto con seguridade e confianza.

“Elena xa é como unha irmá para min”

Ameth é un dos mozos que atopou axuda no proxecto.

“Tivo que deixar atrás os seus seres queridos sendo aínda un neno. Cando chegou a Lugo estaba só, non coñecía a ninguén na cidade. Ata que encontrou a Elena”.

Podes ler a historia de Ameth e Elena premendo aquí ou ver o seu vídeo.

Se queres ser un voluntario ou unha voluntaria no que os mozos e mozas poidan confiar dentro do Proxecto “Referentes”, #FaiteReferente aquí.

Compartir
Tabla de contidos