O vindeiro 1 de outubro, de 10:00 a 11:00 horas, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia presenta en liña o Informe de Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia en Galicia 2026.
A publicación ofrece unha análise específica da realidade da infancia e adolescencia galega a partir dos datos da Enquisa de Condicións de Vida, permitindo coñecer a situación dos nenos, nenas e adolescentes en ámbitos como a pobreza, a exclusión social e as carencias materiais.
Durante a presentación daranse a coñecer os principais resultados desta nova edición e analizaranse os retos que continúan existindo para garantir os dereitos e o benestar da infancia e adolescencia en Galicia.
Presentación do informe
📅 1 de outubro de 2026
🕙 De 10:00 a 11:00 horas
💻 En liña
A participación é aberta, pero é necesario realizar previamente a inscrición.
Tras a inscrición, as persoas participantes recibirán a información necesaria para acceder á presentación en liña.
Agardamos contar coa vosa participación!