No acto participaron a vicepresidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia, Mónica Viqueira, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey
- Trátase das conclusións dun proceso participativo convocado pola Plataforma de Organizacións de Infancia este ano baixo o lema “Infancia e Pobreza” e que ten como obxectivo que as propostas dos e das rapazas sexan tidas en conta no desenvolvemento de políticas públicas
- Asistiron cerca de 200 escolares de entre 8 e 12 anos pertencentes a catro centros educativos galegos e da Fundación Down Compostela. Os participantes agruparon as súas achegas en catro ámbitos: bens de primeira necesidade, pobreza, ocio e cultura, educación e saúde
Santiago de Compostela, 20 de novembro. Cerca de 200 nenos, nenas e adolescentes galegos alzaron hoxe a súa voz para reivindicar os dereitos da infancia nun acto organizado pola Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) en colaboración coa Xunta con motivo do Día Universal da Infancia que tivo lugar na Cidade da Cultura esta mañá e ao que tamén asistiron a vicepresidenta da POIG, Mónica Viqueira, e o director xeral de Familia, Infancia e Dinamización Demográfica da Xunta de Galicia, Jacobo Rey. O obxectivo non é outro que lle dar voz á infancia e adolescencia para que expresen as súas propostas, facendo uso da participación infantil como dereito fundamental.
Os rapaces, con idades comprendidas entre os 8 e os 14 anos e pertencentes aos CEIP Alborada (A Coruña), Rosalía de Castro (Xinzo de Limia), Labarta Pose (Zas), Víctor Sáenz (Mazaricos), Carmelitas (Ourense) e Down Compostela, expuxeron as conclusións das actividades realizadas no proceso participativo que cada ano convoca a Plataforma de Organizacións da Infancia co obxectivo de que as opinións dos nenos e nenas sexan tidas en conta nas políticas públicas e que este 2023 desenvolveuse baixo o paraugas das problemáticas asociadas á pobreza na infancia. Co lema do acto As nosas opinións importan, os participantes agruparon as súas propostas en cinco ámbitos de actuación: bens de primeira necesidade, pobreza e infancia, ocio e cultura, educación e saúde.
Os membros do Consello Galego de Participación Infantil de Adolescentes (CAIA), un órgano creado pola Xunta de Galicia para lle dar voz aos nenos, nenas e adolescentes da nosa comunidade, foron os anfitrións deste evento, que tamén contou coas actuacións de Gallos del Norte, unha plataforma galega de freestyle que busca potenciar os cambios positivos na sociedade a través desta modalidade na que apeiros improvisan sobre unha base instrumental de hip hop.
Este acto atópase no marco das accións postas en marcha pola POIG con motivo do Día Universal da Infancia, no que se conmemora o aniversario da adopción da Declaración Universal dos Dereitos do Neno (1959) e a aprobación da Convención dos Dereitos do Neno (1989). Esta Convención, a máis universal dos tratados internacionais, establece una serie de dereitos para os nenos e nenas, incluídos os relativos á vida, a saúde e a educación, o dereito a xogar, á vida familiar, á protección fronte á violencia e á discriminación, e a que as súas opinión sexan escoitadas.
Sobre a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia
A Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia (POIG) é unha entidade que aglutina a 37 entidades co obxectivo principal da protección e promoción dos Dereitos da Infancia recollidos na Convención sobre os Dereitos do Neno das Nacións Unidas do 20 de novembro de 1989.
No marco da participación infantil, a plataforma pretende incidir e promover espazos nos que os nenos, nenas e adolescentes galegos se sintan libres para opinar, facilitando que as súas demandas sexan tidas en conta nas políticas que máis lles afectan.