POIG
  • Menú
    • QUEN SOMOS
      • Obxectivos
      • Estrutura
      • Membros
        • Entidades
        • Que fan
      • Grupos de Traballo
      • Transparenza
        • Estatutos
        • Canle ética
        • Réxime Interno
        • Código Ético
        • Plan de Igualdade
        • Plan de Voluntariado
        • Plans de Acción
        • Memorias de Actividades
        • Memorias Económicas
        • Sistema de Financiamento
    • QUE FACEMOS
      • Incidencia Política
        • Documento propostas eleccións municipais 2023
        • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
        • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
        • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
        • Informes Cole Seguro
        • Medidas Covid-19
      • Sistema de Protección
        • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
        • Programas de Acollemento Familiar
      • Participación Infantil
        • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
        • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
      • Igualdade
      • Traballo en Rede
    • DEREITOS INFANCIA
      • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
    • RECURSOS
      • Ofertas de emprego
      • Biblioteca On-line
      • Posicioanamientos POIG
    • VOLUNTARIADO
    • REDEIR@S

Máis resultados...

Generic selectors
Exact matches only
Search in title
Search in content
Post Type Selectors

POIG
  • QUEN SOMOS
    • Obxectivos
    • Estrutura
    • Membros
      • Entidades
      • Que fan
    • Grupos de Traballo
    • Transparenza
      • Estatutos
      • Canle ética
      • Réxime Interno
      • Código Ético
      • Manual de Calidade
      • Plan de Igualdade
      • Plan de Voluntariado
      • Plans de Acción
      • Memorias de Actividades
      • Memorias Económicas
      • Sistema de Financiamento
  • QUE FACEMOS
    • Incidencia Política
      • Documento propostas eleccións municipais 2023
      • Razóns para unha Lei de Infancia en Galicia
      • Resumo propostas eleccións autonómicas 2022
      • Documento propostas eleccións autonómicas 2020
      • Informes Cole Seguro
        • Informe Cole Seguro: A seguridade da educación en Galicia durante o primeiro trimestre do curso 2020/2021
        • Informe Final Cole Seguro
      • Medidas Covid-19
    • Sistema de Protección
      • Demandas en saúde mental na infancia dos centros de protección
      • Programas de Acollemento Familiar
        • ACOLLES+
        • Apoio ao Acollemento en Familia Extensa
        • CONVIVE.Comigo
        • Familias Plus
        • Programa En Familia
        • Programa de Familias Acolledoras
        • Un curso en familia
        • Viaje hacia la vida
    • Participación Infantil
      • Sistematización programa Dereitos da Infancia 2022
      • Sistematización das opinións e propostas dos menos e nenas no 30 aniversario da CDN 2019
    • Igualdade
    • Traballo en Rede
  • DEREITOS INFANCIA
    • Convencións sobre os Dereitos do Neno adaptadas
  • RECURSOS
    • Ofertas de emprego
    • Biblioteca On-line
    • Posicioanamientos POIG
  • VOLUNTARIADO
  • REDEIR@S

93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social

Página principal Biblioteca 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
Biblioteca, Nenos,nenas e adolescentes, Novas, Políticas de infancia

93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social

10 septiembre, 2024
By POIG
0 Comment
2050 Views
  • Supoñen máis do 25% da infancia e adolescencia en Galicia
  • A taxa de pobreza severa infantil incrementouse case dous puntos este ano ata o 10,3 %
  • A Plataforma de Organizacións de Infancia reclama medidas como destinar un mínimo do 5% dos recursos do Fondo Social Europeo do marco plurianual 2021-27 á redución da pobreza infantil; poñer en marcha un plan de choque contra o abandono e o fracaso escolar ou acelerar a tramitación de axudas á alimentación para familias con baixos ingresos con fillos/as ao seu cargo
  • Con todo, Galicia mantén unha taxa de pobreza e/ou exclusión social na infancia inferior á media nacional

Santiago de Compostela, 10 de setembro de 2024. O 25,8 % da infancia menor de 18 anos vive en risco de pobreza e/ou exclusión social (taxa AROPE, polas súas siglas en inglés) en Galicia, o que supón que 93.400 nenas, nenos e adolescentes nesta comunidade autónoma están nesta situación, segundo se desprende do ‘Análise da Enquisa de Condicións de Vida con enfoque de infancia en Galicia’, elaborado pola Plataforma de Infancia, en colaboración coa Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

A evolución da taxa AROPE en Galicia: unha comparativa histórica

Historicamente, Galicia mantén taxas AROPE entre a poboación infantil inferiores á media nacional, só no 2008 e no 2020 foron superiores. Durante o 2022, a comunidade galega logrou reducir todos os seus valores, pero para o 2023 volvéronse incrementar as taxas de AROPE, pobreza e pobreza severa.

Preocupante incremento da pobreza severa infantil en 2023

Aínda que Galicia conta con valores máis baixos de pobreza infantil que o conxunto do país, os datos son alarmantes. O dato máis preocupante é o aumento da taxa de pobreza severa infantil ata o 10,3 %, que se incrementou case dous puntos este ano, cando a media nacional apenas sufriu variación e sitúase no 13,7 %. A taxa de pobreza infantil en Galicia é do 21,2 %, o que non supón unha variación destacable respecto á do ano anterior (20,9 %). En termos absolutos, isto significa que hai máis de 76.800 nenas, nenos e adolescentes galegos que viven en pobreza monetaria.

Aínda así, Galicia é a segunda comunidade con menor taxa de carencia material severa entre a infancia, sendo esta do 6,6 %, e ocupando tamén o segundo posto entre as rexións que máis diminuíron esta taxa en 2023.

Unha das comunidades con menor pobreza infantil, pero con ingresos por debaixo da media nacional

Na actualidade, Galicia é a cuarta comunidade autónoma con menor taxa de pobreza e/ou exclusión social na infancia. Porén, conta cunha renda media por unidade de consumo de 19.152€, o que supón 1.524€ menos que a media nacional. Ademais, é unha comunidade autónoma envellecida, que conta só con 362.000 nenas, nenos e adolescentes, o que supón o 4,5 % do total de nenas, nenos e adolescentes de España.

Propostas da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia: Garantía Infantil e axudas contra a pobreza

Á vista dos datos para Galicia, a Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia propón traballar para garantir a Garantía Infantil, destinando un mínimo do 5 % dos recursos do Fondo Social Europeo do marco plurianual 2021-27 á redución da pobreza infantil, para facer fronte aos elevados índices de pobreza que padecen, así como poñer en marcha un plan de choque contra o abandono e o fracaso escolar e acelerar a tramitación de axudas á alimentación para familias con baixos ingresos con fillos/as ao seu cargo.

Así mesmo, propón apoiar na adquisición de medios tecnolóxicos e conexión a internet a estas familias e poñer énfase no desenvolvemento das zonas rurais, para que as nenas, nenos e adolescentes que viven nelas non teñan que abandonalas por falta de recursos, servizos ou oportunidades. Ademais, necesítase implementar medidas de acceso a unha vivenda digna, adecuada e accesible, así como mellorar o acceso á Renda de Inclusión Social de Galicia (RISGA) e ao Ingreso Mínimo Vital (IMV), entre outras medidas.

“É urxente previr a pobreza infantil”, declara a Presidenta da POIG

“As organizacións de infancia de Galicia pedimos que se tomen medidas para paliar a pobreza que afecta ás nenas e nenos, xa que, ano tras ano, a infancia continúa sendo o colectivo co risco máis alto de pobreza de toda a poboación en España. É urxente que sexamos máis ambiciosos na prevención da pobreza infantil”, sinala Mónica Viqueira, Presidenta da Plataforma de Organizacións de Infancia de Galicia.

DESCARGAR INFORME PINCHANDO AQUÍ:

https://infanciagalicia.org/wp-content/uploads/2024/09/Analise-ECV-Enfoque-Infancia-Galicia-2024.pdf

Tags: Plataforma Infancia Galicia PobrezaInfancia2024

Previous Story
Obstáculos para a Conciliación Familiar en España: Unha Realidade que Non Podemos Ignorar
Next Story
O coordinador/a de benestar: unha figura clave para previr a violencia nos centros educativos

Entradas recientes

  • 93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social martes, 10, Sep
  • A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias lunes, 8, Jul
  • Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia jueves, 27, Jun
  • Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular martes, 11, Jun
  • As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma martes, 4, Jun
  • Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024! viernes, 31, May
  • España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes lunes, 27, May
  • As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política jueves, 23, May
  • Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia miércoles, 15, May
  • A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego jueves, 2, Jul
  • Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional? martes, 30, Jun
  • A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes jueves, 25, Jun
  • A POIG reclama reforzar as políticas públicas de infancia ante os principais retos sociais en Galicia lunes, 15, Jun
  • Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia viernes, 12, Jun

Comentarios recientes



    Dirección: Manuel María, 6 – SALGUEIRIÑOS – 15705 – Santiago de Compostela (A Coruña)
    Teléfono: 747 491 242
    E-Mail: secretariatecnica@infanciagalicia.org

    Colabora

    Idioma »
    SearchPostsLogin
    martes, 10, Sep
    93.400 nenas, nenos e adolescentes en Galicia viven en risco de pobreza e/ou exclusión social
    lunes, 8, Jul
    A POIG pide garantías na Reforma de Estranxeiría para a protección dos nenos e nenas non acompañados nos traslados desde Canarias
    jueves, 27, Jun
    Gratuidade nas escolas infantís 0-3 de iniciativa social e privadas de Galicia
    martes, 11, Jun
    Reunións cos grupos parlamentarios do BNG e do Partido Popular
    martes, 4, Jun
    As organizacións de infancia de Galicia piden a implementación plena da LOPIVI na comunidade autónoma
    viernes, 31, May
    Aberto o prazo de inscrición para o Día da Infancia 2024!
    lunes, 27, May
    España bate o seu récord histórico en carencia material severa nos fogares con nenas, nenos e adolescentes
    jueves, 23, May
    As organizacións de infancia piden aos candidatos e candidatas galegos ao Parlamento Europeo que sitúen á infancia e adolescencia no centro da axenda política
    miércoles, 15, May
    Galicia é a única comunidade autónoma que non ten unha lei específica de infancia
    jueves, 2, Jul
    A fenda dixital: un reto para a infancia e adolescencia do rural galego
    martes, 30, Jun
    Qué precisan os nenos, nenas e adolescentes para medrar con benestar emocional?
    jueves, 25, Jun
    A pobreza infantil en Galicia: avances e desafíos pendentes
    lunes, 15, Jun
    A POIG reclama reforzar as políticas públicas de infancia ante os principais retos sociais en Galicia
    viernes, 12, Jun
    Presentamos o informe Os dereitos da infancia en Galicia no marco do I Congreso Autonómico da infancia
    martes, 12, May
    Aberto o prazo de inscrición para o proceso participativo do Día da Infancia 2026

    Welcome back,

    Utilizamos cookies propias y de terceros para garantizar el funcionamiento de la web, medir su uso y mejorar nuestros servicios. Puede aceptar todas las cookies, rechazar las no necesarias o configurar sus preferencias. Política de cookies

    Configurar cookies

    Necesarias para que la web funcione correctamente. No se pueden desactivar desde este panel.

    Ayudan a medir el uso del sitio y mejorar sus contenidos.

    Permiten publicidad, medición de campañas o personalización de anuncios.

    Guardan preferencias o permiten contenido externo no necesario.